Skip to Content

PROXECTO “EDUMOTIVACIÓN”. ÁFRICA GONZÁLEZ: CHARLA SOBRE INMUNOLOXÍA E NANOTECNOLOXÍA

 

PROXECTO “EDUMOTIVACIÓN”. ÁFRICA GONZÁLEZ: CHARLA SOBRE INMUNOLOXÍA E NANOTECNOLOXÍA
O Proxecto Educativo “Edumotivate”,ten  como obxectivo ofrecer os centros de ensinanza non universitaria galegos experiencias de diferentes figuras de reconocido prestixio e relevancia na sociedade galega e que destacan en diferentes campos profesionais, para así fomentar no alumnado valores como a motivación, o esforzo, a curiosidade, e o pensamento crítico e o traballo en equipo.
Tratase de fortalecer os procesos de ensinanza e aprendizaxe que os docentes desenvolven nas aulas a través das distintas disciplinas curriculares ou proxectos nos que traballan co  alumnado, con aportacións que os complementen mediante charlas, talleres ou visitas que cada figura propone.
OBXECTIVO DO PROGRAMA:
MOBILIZAR O TALENTO E O COÑECEMENTO
Como no curso anterior,  solicitamos  dito programa,a través do Departamento de E. Física e a materia de Promoción de Hábitos saudables, xunto con o Departamento de Orientación e Departamento de Bioloxía, e nos foi concedido o privilexio de contar coa experiencia e os coñecementos de África Gonzalez.

 

 
¿ Quén é África González?:
Doutora en Medicina e Cirurxía, é catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, onde lidera un grupo de investigación de Inmunoloxía. É presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía e directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo. É un referente a nivel nacional e internacional en Inmunoloxía básica e aplicada; o seu traballo actual céntrase en desenvolver unha vacina para tuberculose, así como en Nanomedicina e estudo da toxicidade de nanomateriais. Traballou co Dr. César Milstein (premio Nobel pola tecnoloxía dos anticorpos monoclonales) en Cambridge. Desenvolve unha intensa actividade científica e ten un compromiso coa divulgación, sendo convidada a distintos foros. Recentemente foi nomeada a muller innovadora a nivel europeo por promover a empresa NanoImmunoTech.
O día 18 de Xunio de 10:30 a 12:30 en horario escolar para toda a ESO, veu por tanto o noso centro para falarnos sobre Inmunoloxía e Nanotecnoloxía, que tendo en conta quen é e a súa experiencia, foi enormemente interesante e productiva, ademáis de moi didáctica, con a súa forma de transmitir moi próxima e educativa , onde os nosos nenos/as fixeron ademáis preguntas moi interesantes mostrando o seu interese sobre os temas tratados.
O noso agradecemento por asistir o noso centro e facernos participes do seu coñecemento e do seu tempo.


page | by Dr. Radut