Dentro da materia de Igualdade de Xénero e en colaboración co Departamento de Orientación e O Concello de Monfero, o alumnado que cursa a materia de Igualdade de Xénero, vai a realizar ao longo do ano, para concluílo e presentalo no último trimestre ao Concello e á propia comunidade educativa, un proxecto de investigación, que a parte de constituír o 50% da nota global da materia, acerca a realidade e o papel da muller no concello onde residen: Monfero. O proxecto ten como obxectivos os sinalados anteriormente na materia pero ademais, mostrar e visibilizar a realidade das mulleres no entorno real dos alumnos e alumnas: os seus roles, as súas actividades de vida diaria, profesións, educación e formación, aspiracións, papel na familia, a valoración pola súa familia, parella, xefas e xefes, contorna, os estereotipos predominantes, as posibles situacións de trato e violencia, de discriminación ou non, etc. E propoñer ademais o final da investigación como obxectivo e conclusión, melloras ou posibles alternativas, solucións ou reforzos, a aqueles aspectos que se detectaran como discriminativos, inxustos ou nocivos, resaltando tamén os positivos, a través dunha charla- exposición- presentación ao propio concello, no Centro escolar, con asistencia das familias e comunidade educativa, das conclusións acadadas polos propios alumnos e alumnas tras a súa investigación de campo.
O traballo, que se vai estruturar en 3 bloques ou fases que coinciden cos tres trimestres do curso:
- 1º bloque: de investigación de campo (información varia: estatísticas e enquisas, etc. no centro, casa, contorna, concello).
- 2º bloque: volcado de datos e análise da información
- 3º bloque: elaboración de conclusións e propostas de mellora e presentación final.
Reunión no Concello de Monfero
Dentro do traballo do 1º bloque, entra a nosa visita o Concello de Monfero, e a entrevista a Maica, (traballora social do Concello)que ademais de atender pacientemente e amablemente as nosas preguntas e aportarnos moita información, nos facilitou o II Plan de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres, para poder traballar sobre el, e que nos facilita un amplo coñecemento sobre a realidade da temática que tratamos en relación o noso concello. Tamén pasou a saudar e deixarse entrevistar o Alcalde do Concello de Monfero, (, feita polos alumnos da materia de Igualdade de Xénero, de 2º de ESO: Daniela, Hector Bouzeta e David Castrillón.
Os nosos alumnos/a exerceron de pequenos repororteiros, con actidude critica e responsable, facendo non só pregreguntas axeitadas, se non tamén aportacións e opinións moi positivas e interesantes., que nos fixeron sentir moi orgullosas, sendo a experiencia moi positiva en canto a o seu comportamento e a opinión que nos transmitiron, sobre todo por coñecer de primeira man a realidade na súa contorna e de primeira man, a situación das mulleres.