Na semana do 20 ao 25 de Novembro, pola celebración do “Día Universal da Infancía” (20 Novembro) e “Día Internacional contra a violencia de Xénero” (25 de Novembro), os departamentos de Orientación, E.Física, e Relixión e a materia de Identidade de Xénero, xunto coa colaboración do resto dos departamentos e profesorado en xeral, realizamos unha serie de actividades en semanas previas, tendo o seu remate o Venres, 24 de Novembro, como xornada de celebración e colofón das mesmas, con a “II Carreira Solidaria Save the Children”.
- Durante as semanas do 30 de Outubro o 10 de Novembro os alumnos que elaboraron unha frase- slogan en contra da violencia de xénero ou a favor da igualdade de xénero
- Os días 13-14 de Novembro nos recreos, cada clase co seu titor, pasou pola aula de “ Usos múltiples 3”, para realizar o “Photocoll de grupo, para o mural e as chapas que elaboramos posteriormente (as chapas as venderon para a excursión da neve os alumnos de Secundaria) e do que se encargaron os alumnos de Identidade de Xénero de 2º de Eso con axuda das profes.
- O día 23- 24 de Novembro fixemos a maquetación das fotos (Departamento Orientación, Relixión e E.Física e Plástica ) e elaboración das chapas (os mesmos departamentos cos alumnos de Identidade de Xénero de 2º de Eso). Tamén fixemos os murais coas fotos e carteis e pegámolas no centro entre alumnado e profes.
- Día 24 de Novembro: no recreo, en Infantil, e Primaria se fixeron contacontos relacionados con o tema da violencia de xénero ou identidade de xénero ou os dereitos da infancia,, lidos polos alumnos/as de 2º de ESO da materia de Igualdade de Xénero, na biblioteca, así como o Programa de radio con actividades sobre este tema.
.
- De 12:35-14:15 “Carreira Solidaria Save the Children, polos Dereitos dos Nenos/as e pola Igualdade de Xénero”, con participación de todo o centro, profes, persoal e nais/pais, en colaboración co responsable de Deportes do Axuntamento.
Nesta carreira solidaria recadamos 502,35€ para Save the Children
Como celebramos varias conmemoraciones, a estructura da carreira foi a seguinte:
* Como celebración do “Día Universal dos dereitos da Infancia”, os nenos /as de Primaria, correron acompañando a un neno/nena de infantil.
* Dentro do Programa TEI ( titoría entre iguais), os nenos de 3º e 5º-6º Primaria correron xuntos titor- titorando; e os de 1º e 3º e 4º Secundaria igualmente titor- tirorando.
* Como celebración do “Día Internacional contra a violencía de Xénero”, os alumnos/as de 3º correron rapaza-rapaz xuntos.
* E os profes, persoal, nais, pais...etc e resto, poden facelo acompañando a cada clase ou xuntos.
O final, cada alumna/o tivo o seu diploma de participación pola súa colaboración e aportación solidaria, e un agasallo para cada clase.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN MAIORITARÍA E EXTRAORDINARIA E POR FACER DESTES TEMAS UNHA CELEBRACIÓN SOLIDARIA, PARTICIPATIVA E IMPORTANTE¡¡¡