Skip to Content

Avisos e novas

Últimas novas

Visita da Fundación Repsol e Ayuda en Acción

Fundación Repsol colabora co programa Aquí también de Ayuda en Acción que loita contra a pobreza infantil en España
 

 

O  programa  Aquí también chega  a 11.000    nenos,  nenas  e  adolescentes  en 87  centros escolares de 11 comunidades autónomas en España
 
Ignacio Egea, Vicepresidente de Fundación Repsol,  visita o 7 de marzo tres  dos centros educativos  que apoia Ayuda en Acción en Galicia nas localidades da Coruña, Meicende e Monfero. Tamén asiste á visita Javier Sancho, Director da Refinaría da Coruña
 
 .
 
 O mércores 7 de marzo Ignacio Egea, Vicepresidente de Fundación Repsol, visitou varios centros educativos aos que apoia a Fundación en Galicia. Fundación Repsol contribúe á sustentabilidade  do programa  Aquí también de  Ayuda en Acción, co obxectivo de dar apoio á infancia e familias, que viven en condicións de vulnerabilidade e en risco de exclusión en España.
 
A visita comezou ás 9 da mañá no centro escolar de Meicende. Ao mediodía a comitiva trasladarase até A Coruña para percorrer as instalacións doutro  centro educativo e o itinerario finalizou en Monfero, onde os alumnos e alumnas manteron un diálogo cos representantes de Fundación Repsol e de Ayuda en Acción.
 
Actualmente, a colaboración de Fundación Repsol consiste en cubrir de libros de texto e material   escolar,   bolsas   de   comedor,   merendas   saudables   de   media   mañá   e excursións e saídas culturais para alumnado de distintos centros educativos da Coruña, Meicende e Monfero que forman parte do programa Aquí también de Ayuda en Acción. Estas axudas promoven a igualdade de oportunidades de nenos, nenas, novas e familias en risco de exclusión e contribúen ao normal desenvolvemento educativo e social do alumnado.
 
Así mesmo, dentro deste programa, Fundación Repsol apoia proxectos de innovación educativa nos centros educativos galegos, como o teatro, talleres de radio, un horto escolar e ferramentas online que melloran as habilidades lingüísticas e matemáticas do alumnado (Smartick e Glifing), así como as formacións realizadas na Escola de Pais e Nais dun centro educativo. Estas iniciativas melloran as habilidades do alumnado, a súa cohesión social, desenvolvemento educativo e contribúen á redución da desafección escolar e consecuentemente á súa permanencia no sistema educativo.
 
Ignacio Egea estivo acompañado pola  Directora da área Social e Voluntariado a Fundación, Lola Zamarra,  e pola Directora de Relacións Institucionais de Ayuda en Acción, Marta Marañón. Ademais no Virxe da Cela esperábanos representantes dos Concellos de Monfero e Irixoa e o presidente da ANPA Jorge Pena.
 
 
 
 
 

O NOSO CENTRO NAS XORNADAS " CONTRATOS PROGRAMA, UN PLAN PARA CADA CENTRO"

O venres 23 de febreiro celebráronse en Santiago as Xornadas “Contratos programa, un plan para cada centro”, convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. As xornadas, nas que estiveron presentes uns 600 profesores e responsables dos equipos directivos de centros galegos, serviron para divulgar as boas prácticas, identificadas no desenvolvemento dos programas nos diferentes centros, para que poidan servir de modelo de referencia na organización e xestión doutros centros. E alí estivo a nosa directora Camino Pereiro intercambiando a experiencia do noso cole coa de outros centros participantes.

 Nela explicou como implementamos no Virxe da Cela  as distintas modalidades de Contratos Programa coas que contamos e que levamos a termo a través dos distintos proxectos:  

·                Proxectos de coeducación, igualdade, convivencia e voluntariado
·         Proxectos de desenvolvemento endóxeno sustentable
·         Proxectos de mellora da convivencia e das relacións comunitarias
·         Proxectos de compensación das desigualdades
·         Proxectos para unha vida saudable
·         Proxectos de desenvolvemento da competencia STEAM,
·         Proxectos de formación e investigación e mellora da calidade educativa.
 


 

ROSALÍA DE CASTRO NO CPI VIRXE DA CELA

A poeta galega máis universal, Rosalía de Castro, estaría de aniversario este sábado, día 24 de febreiro, unha xornada a celebrar festexando a nosa autora. Así, no marco deste evento, quixemos celebrar o Día de Rosalía intentando vencellar lectura e competencia dixital realizando un pequeno vídeo no que destacamos a actualidade reivindicativa que a obra de Rosalía segue a ter nos tempos actuais xa que, dende sempre, ela asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento.

 

Coa lectura do manifesto  “Abride a fiestra” escrito por María Reimóndez os alumnos e alumnas de 1º de ESO homenaxean así a Rosalía.
 

             

Tamén a partir do lema deste ano, #AbrideAFiestra,  penduramos na parte interior dos vidros e en distintos paneis diversos debuxos iconográficos de Rosalía para lles dar luz desde as fiestras e tentar facelos visíbeis socialmente. 
 
 
Ademais realizamos chapas que repartimos entre a comunidade educativa e fixemos unha mostra expositiva da obra rosaliana que podedes consultar na nosa biblioteca.
 
 
 

 

 


E como non podía faltar a música, os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria continuando co Proxecta Donas de sí, homenaxean a Rosalía no seu día, no seguinte vídeo co poema "Adiós ríos, adiós fontes".


Entroido no CPI Virxe da Cela

Este ano o Entroido estivo dedicado maioritariamente ao mar, aínda que tamén houbo outras actuacións moi divertidas que para iso é o Entroido. a continuación podesdes ver unha selección de imaxes e vídeos do que foi este día:

Mural cedido pola familia Walter Dobson para decorar o festival de Entroido. Dende aquí queremos agradecer a súa colaboración co centro.

 

 

 
 

 

 

 

Suspensión do transporte escolar: hoxe mércores 7 de febreiro de 2018

AVISO

Debido ás inclemencias meteorolóxicas queda suspendido o servizo de transporte escolar así como a xornada escolar no día de hoxe mércores 7 de febreiro de 2018

30 de xaneiro, Día da Paz

 
     Comezamos esta xornada conmemorativa da Paz e da Non Violencia (martes 30 de xaneiro de 2018) coa visita do alumnado de 4º da ESO do CPI Virxe da Cela a todas as aulas do noso cole, repartindo entre profes e nenos/as os tradicionais adhesivos “Paz 18” e os folios vermellos que recollían o Manifesto Pola Paz, así como o símbolo da Paz. 
      Estas follas serían utilizadas pola tarde para recrear este impresionante círculo vermello “O Reto do Botón da Paz”, un pequeno xesto moi visual que pretende frear o conflito entre as grandes potencias EEUU e Corea do Norte. Esta acción foi o broche final a un acto no que todos os alumnos/as e profesores/as do centro reivindicamos o dereito á Paz Mundial a través da lectura dun manifesto e de varias poesías de poetas galegos: 
        Poema 1.- “Cantarola dos nenos”, de Xosé neira Vilas 
        Poema 2.- “O neno xabarín”, de Xosé Lois García 
       Poema 3.- “Ventos”, de Antonio García Teijeiro 
      Poema 4.-“Teño un corazón senlleiro”, de Celso Emilio Ferreiro 
   
 

                    
   
    Dentro desta conmemoración tamén levamos a cabo un pequeno mural entre toda a comunidade educativa titulado: Choiva de desexos
    Cada alumno e alumna preparou unha pinga de auga na que debuxou e/ou escribiu o seu desexo de paz para unilo á choiva do Virxe da Cela:

 

 
Outra actividade que tamén se levou a cabo foi un programa de radio, feito polo alumnado de 1º de ESO.  Premendo no seguinte enlace poideredes escoitalo:
 

      En resumo, esta xornada que estivemos a conmemorar baséase no principio de que todos –sen distinción de raza, ideoloxía, nacionalidade, lingua ou relixión- somos iguais, cidadáns da mesma terra e en consecuencia estamos e sentimos a chamada a ser máis humanos, a vivir a non-violencia e a traballar pola paz.

PROXECTO CIBERMANAGERS PARA A IGUALDADE

 
O Departamento de Orientación e a Profesora da materia de Igualdade de Xénero, dentro do Progama “ 365 días de Igualdade” do Plan Proxecta avalado pola Consellería de Igualdade da Xunta de Galicia, pon en marcha o proxecto “Cibermanagers”, baseado na aprendizaxe servizo solidario ,  a través do departamento de psicoloxía de PantallasAmigas*( Entidade sen ánimo de lucro, co obxectivo de fomentar o uso seguro e saudable das tecnoloxías e o fomento da cidadanía dixital responsable na infancia e na adolescencia, así como en todas as persoas involucradas na súa educación.). motivadas ademais,  polo alto índice de machismo na nosa sociedade e o incremento do mesmo entre os adolescentes
É un proxecto intensivo que se realiza ao longo dunha semana e que consta de catro fases desenvoltas polo equipo de PantallasAmigas:
 


Fase 1. Formación xeral para os grupos de 2º e 3º de ESO durante dúas horas consecutivas (Luns 29 de xaneiro, 2ª e 3ª hora todo o alumnado de 2º e 3º ESO).

Fase 2: Capacitación do grupo de voluntarios e voluntarias. Dos cursos 2º e 3º ESO elixirase un grupo de voluntarios e voluntarias que recibirán 6 horas de formación específica en materia de xénero, así como de habilidades para a xestión de grupos e solución de conflitos. (Martes, 30 xaneiro 4ª e 5ª hora, mércores, 31 xaneiro 5ª e 6ª hora e xoves, 1 de febreiro a 4ª e 5ª hora. Só alumnado voluntario de 2º e 3º ESO, o resto quedará co profe na aula).
 

 Fase 3: Servizo en 5º e 6º de Educación Primaria: o grupo de voluntarios e voluntarias, acudirá ás clases dos seus compañeiros/as máis novos ao longo de dúas clases consecutivas a realizar unha formación teórico-práctica previamente preparada. (venres 2 de febreiro a 1ª e 2ª hora. Alumnado voluntario de 2º e 3º ESO e alumnado de 5º e 6º de Primaria).

Fase 4: Sesión teórica para as familias do centro educativo. O alumnado de 5º e 6º de Primaria realizará unha sesión conxunta coas súas familias, dirixida polo equipo de PantallasAmigas e o equipo de voluntarios e voluntarias (Aún sen data).

Actuación de Xoan Curiel e Jara

O luns 18 de decembro tivemos a visita de Xoan Curiel e Jara que nos fixeron un percorrido por diferentes estilos musicais. Xoan co ukelele e a guitarra aprendeunos a diferenciar o blues, reggae, rock ou a bossa nova e Jara iniciounos nas distintas formas de tocar a pandeireta, con ela escoitamos a muiñeira, a jota ou a rumba. Despois tocaron xuntos unhas pezas e algúns compañeiros axudáronlles no escenario a preparar a coreografía. Pasámolo fenomenal!!!

 

 

 

 

 

O CPI VIRXE DA CELA NO CONGRESO DOS DIPUTADOS

 Hoxe o CPI Plurilingüe Virxe da Cela participou no Acto Estatal da Semana Mundial pola Educación.
 
No Congreso dos deputados, ante as Comisións de Cooperación Internacional, Educación, Asuntos Exteriores e Comisión de Dereitos da Infancia e a Adolescencia, a nosa alumna de 1º da ESO, Ariadna Díaz, e a nosa Directora Camino Pereiro actuaron como embaixadoras galegas representando aos máis de 2000  alumnos e alumnas que o ano pasado traballaron na Campaña Mundial pola Educación, e realizaron unha petición aos nosos gobernantes para que cumpran as súas promesas cara a consecución da Axenda 2030 en concreto do Obxectivo 4: a  Educación Universal e de Calidade.  
Noraboa as dúas!!!
 
Aquí podedes ver as súas intervencións
 
 

                                                 

                                                  

Samaín na biblioteca

                 

 
Xa está aquí de novo o Samaín, unha festa de orixe celta que os EEUU popularizaron como Halloween e difundiron a través do cinema.
Os antigos celtas dividían o ano en dúas metades: unha luminosa, de fartanza, calor e verán , e outra  escura, de escaseza, frío e inverno. No medio das dúas quedaba a noite de Samaín, unha noite máxica na que os espíritos malignos quedaban ceibes e os defuntos visitaban as casas.
Coa chegada dos romanos e máis tarde do cristianismo, a maior parte das tradicións pagás foron alteradas  ou prohibidas. A noite converteuse na de Todos os Santos, aínda que pola costa atlántica de Europa perviviu  o costume de lembrarse dos mortos e a crenza de que as meigas elixían o 31 de outubro para realizar os seus aquelarres.
En Irlanda, as vellas tradicións conserváronse durante toda a Idade Media, e foron os inmigrantes irlandeses os que levaron os vellos costumes aos Estados Unidos

 

E na nosa biblio andamos entre cabazas e portas terroríficas celebrando o samaín. Preparamos un mural na porta de entrada co título “Eu teño medo a…” onde deixar os nosos medos.

Tamén podedes achegarvos ao recantiño de lecturas de terror onde encontraredes un montón de libros de medo… medo????, quen dixo medo???. Atrévete a descubrilos!!!

 
 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut