Skip to Content

Educación Infantil

A SELVA!

Boas familias!

Xa estamos un curso máis por aquí para que vexades no blogue o noso traballo!!

Xa está en marcha o proxecto da selva J

Cada curso de infantil vaino traballar adaptando os contidos e as actividades ao seu nivel e características.

Durante este primeiro trimestre ímonos centrar en traballar os diferentes tipos de animais que hai na selva, diferencialos dos domésticos, saber se son mamíferos, aves, anfibios…

Tamén nos centraremos na súa alimentación, reproducción, forma de vivir, curiosidades…

Para iso contamos coa vosa colaboración, xa estivemos vendo moitas das cousas que aportáchedes,

MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!

Deixámosvos por aquí un resumo do que estivemos facendo durante este tempo, esperamos que vos guste.

Nós estamos moi entusiasmados/as e queremos aprender moitísimas cousas sobre a selva!!

 

Ata a próxima!

Aviso sobre o INFORME MÉDICO

Boa tarde familias,

Queremos aclarar algunhas dúbidas que están xurdindo con respecto aos informes médicos cos que tedes que xustificar as ausencias dos nenos/as.

Cando o voso fillo/a falte e teñades que pedir unha cita médica esa ausencia a tedes que xustificar vós adxuntando o informe médico que emiten no centro de saúde.

Este informe médico é o informe de “toda a vida”, é dicir, o que emiten sempre cando se acude a unha consulta por calquera motivo onde aparece o resumo do diagnóstico e recomendacións do médico.

Non é necesario que fagan un informe especial para o centro escolar.

Calquera dúbida que teñades mandádenos un correo: virxedacelainfantil@gmail.com

Un saúdo!

AVISO PARA ÁS FAMILIAS

Bo día familias,

houbo unha modificación no horario debido á organización do centro polo que a materia de Música será impartida por Mercedes.

 

Un saúdo!

REUNIÓN DE INICIO DE CURSO

Bo día familias!

 

Xa estamos de volta un curso máis, un tanto atípico pero que ímos comezar con moita ilusión!!

 

 

Para isto, teremos a primeira reunión do curso o próximo Venres 4 de Setembro nos seguintes horarios:

3 anos: 12:00-13:00

4 anos: 10:00-10:45

5 anos: 11:00-11.45

 

As reunións terán lugar na sala de usos múltiples.

 

Terá que vir un membro por familia sen nenos, con máscara e esperar fora a ser chamados pola titora para evitar as aglomeracións.

 

Atentamente,
o equipo de educación infantil.

Colaboración coa Asociación Gatocan

 
Bo día familias!
 
Como xa vos comentamos, o mes pasado achegamos todas as vosas donacións para a Asociación Gatocan, visita que tivemos que cancelar por mor do Covid-19.
 
Aquí tedes o artículo que publicaron na súa revista do mes de Maio-Xuño.
 
 
 
 
 
 
 
 
Moitas grazas pola vosa colaboración :)
 
 
Pasade bo verán!!!
 
 
 
 
 

DESPEDIMOS O CURSO 2019/20 :)

 

Bo día familias!
Ata aquí chegou este curso tan atípico para todos e todas.
 
É para nós unha mágoa rematar o curso deste xeito sen festas, bicos, apertas e despedidas… pero queremos dicirvos a todos e todas que estamos moi orgullosas de todo o voso traballo, esforzo e implicación.
 
Sentímonos moi queridas e apoiadas por vós, familias, e polos nenos e nenas. 
Moitísimas grazas pola vosa dedicación :)
Sempre intentamos chegar cun soriso á clase e facerlles ameno e divertido aos peques a súa estancia no cole onde pasamos tantas e tantas aventuras.
Intentamos que os cativos/as veñan contentos/as ao cole mostrándolles o noso cariño e apoio para crear un ambiente no que se sintan seguros e en confianza. Así, crean a súa propia personalidade, aprenden a convivir, respectarse, entablar amizade, quererse e a coñecerse a si mesmos.
 
 
 
 
Non nos queriamos despedir sen facervos algunha recomendación para que o voso verán sexa aínda máis divertido!!
 
O fundamental é xogar e aprender a través do xogo e actividades principalmente manipulativas que traten ámbitos fundamentais como: a Lóxica-matemática, lectoescritura, grafismo, coñecemento do contorno, movemento e actividades artísticas e manipulativas.
 
Xogade coalóxica matemáticafacendo receitas, xogando ao supermercado, xogos de conteo con elementos da natureza, facendo sumas e restas con estes elementos, con cartas,...
 
Coalectoescritura e grafismoé importante que traballedes cos contos, inventando historias, xogando a cambiar personaxes, cambiar finais... traballar poesía, rimas, adiviñas, cancións... e traballar o grafismo de xeito manipulativo, como facer grafismos ou escribir na terra, fariña, lentellas, sal, azúcre...
 
Pero o máis importante de todo é que xoguen e exploren no contorno, na natureza, cos animais, co arte, que debuxen, que se expresen libremente, que manipulen, se movan e que exploren todo o que poidan.
Pero… NON VOS ESQUEZADES DOS AMIGOS/AS!! que socialicen e xoguen con outros/as amigos/as, primos/as...
 
 
 
 
 
E rematamos o curso 2019/20… aprendíchedes moitísimo, sodes hoxe máis maduros/as, autónomos/as, responsables… e mellores persoas se iso era posible!
Sodes uns rapaces e rapazas moi especiais para nós, moi bo grupo e con moi bo corazón.
GRAZAS POR TODO O QUE NÓS, AS PROFES, APRENDIMOS DE TODOS E TODAS VÓS!
Sentímonos moi afortunadas por dedicarnos a esta profesión tan bonita e que tantas cousas boas nos da, todo grazas a persoas coma vós.
 
 
Despedímonos cun vídeo que esperamos que vos guste.
 
 
 
 
 
Querémosvos moito peques, esperamos que desfrutedes do verán para comezar o curso que ven coas pilas CARGADAS!!!
 
Aos Exipcios dicirlles que vémonos xa en 5 ANOS!!! esperamos esta nova aventura con moita ilusión!! :)
 
E aos Vikingos… dicirlles que sempre terán un oco no noso corazón e nas nosas aulas para visitarnos e mostrarnos o seu cariño e novas aventuras!!
SEMPRE SEREDES BEN RECIBIDOS POLAS PROFES DE INFANTIL E OS VOSOS COMPIS QUE NON VOS ESQUECERÁN!!!
MOITA SORTE NA VOSA NOVA ANDANZA EN PRIMARIA :D
 
 
 
DESFRUTADE DO VERÁN CHICOS/AS!!!!!!
♥ Esperamos o próximo curso con moita ilusión 
Con moito cariño, bicos e apertas… despídense de vós a profe Sandra e a profe Genma.
 
 
 

 

A pola última semana!!! :)

Rica receita para recibir o verán!!!

 

Bo día familias!
Imos pola recta final!!!!
Rematamos a semana cunha rica receita de verán ;)
 
 
Elaboramos os nosos xeados: Precisamos vasos de plástico (podemos reciclar e reutilizar os envases do iogur) e culleres ou paus de xeado.
Podemos facer un zume cas nosas froitas favoritas, verter no vaso e colocar o pau ou culler. Tamén podemos triturar a froita para aproveitar todas as súas propiedades e verter no vaso ou podemos mesturalo con iogur natural.
Tamén podedes deixar algún trociño de froita sen triturar para encontrala logo no xeado, ao gusto de cada un.
Unha vez listo metemos no conxelador e a gozar da rica froita fresquiña!!
 
 
 
 
 
Por outra banda, deixámosvos as tarefas do teacher José:
Esta semana imos con 2 cancións para aprender:
- What´s this? What´s that? (Que é isto? Que é iso?)
Pódense colocar obxectos pola habitación do/a neno/a e preguntarlle "What´s this?" e "What´s that?"
 
 
 
- Rock, scissors, paper (pedra, papel, tesoira).
Vemos o vídeo e aprendemos a dicir e facer o xesto de rock, scissors e paper e, despois, podemos xogar un pouco.
 
 
 
 
 
 
Seguimos en contacto en virxedacelainfantil@gmail.com
 
Pasade bo finde!!
 
 
 

 

Facemos papel!

 

Bo día familias!
 
Hoxe ímos facer unha actividade manipulativa para reciclar e crear os nosos propios recursos!
 
Facemos papel!: O papel faise ca celulosa da madeira, pero nós empregaremos outros materiais que temos por casa. Primeiro botamos anacos de papel de xornal nun recipiente con auga, repousamos e escorremos cun coador. Logo depositamos esta masa ou pasta enriba dun papel de forno e estiramos. Deixadeo secar ao sol e logo xa podedes pintar ou escribir nel, o que se vos ocorra!
 

 
 
 
 
 
 
Deixámosvos tamén as tarefas de Noelia:
"Xesús e os nenos". Lembrade que Xesús é amigo de todos os nenos. El dixo: Deixade que os nenos veñan a mín, eu os amo con todo o meu corazón.
 
Vídeo e canción "Xesús, meu amigo".
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Por último, deixámosvos un vídeo con todos os vosos traballiños destas semanas :)
Esperamos que vos guste!
 
Moi bo traballo!!!
 
 
 
 
Seguimos en contacto en virxedacelainfantil@gmail.com
 
Unha aperta!
 
 
 
 
 

 

Xogamos coas letras

 

Bo día familias!
 
Volvemos unha semana máis cunha proposta para que os nenos e nenas aprendan mentres manipulan e traballan a súa creatividade :)
 
 
Arte coas letras: Nun folio escribiremos con cera branda o noso nome, o abecedario, vocabulario… o que queirades. Logo imos facer “maxia”. Pintaremos con acuarelas de cores sobre cada letra e vemos como en vez de quedar tapada pola pintura, as letras aparecen como se fose maxia. Quedará moi colorido!
 
 
 
 
 
 
 
 
Por outra banda deixámosvos as tarefas de inglés:

 

Esta semana seguimos coas accións e repasamos as partes do corpo:
- The clap song!
 
Clap (aplaudir), pat your knees (acaricia os teus xeonllos), stomp your feet (pisotea), blink your eyes (parpadea), wiggle your ears (move as orellas). Sería interesante facer os movementos para que o neno/a os imite.
 
 

 

- This is me!
Head (cabeza), eyes (ollos), nose (nariz), mouth (boca), ears (orellas), arms (brazos), hands (mans), fingers (dedos), leg (perna), feet (pés), toes (dedos dos pés).
 
 
 
- E un clásico para os máis pequenos:
 
 
 
 
Este sábado fixemos entrega das vosas donacións a Asociación Gatocan, quedaron moi agradecidos.
 
Moitísimas grazas a todos/as!!!
 
 
 
 
 
Seguimos en contacto en virxedacelainfantil@gmail.com
 
Ata o próximo día!

 

 
 
 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut