A intervención rápida ante unha parada cardio-respiratoria é vital para que os equipos de emerxencia poidan actuar e salvar vidas.
Por esta razón, a primeira formación sobre este contido foi o pasado 15 de novembro, organizouse desde o departamento de orientación e educación física, en colaboración co CHUAC unha charla dirixida a todo o alumnado da ESO e 5º e 6º de educación primaria, dentro do “Programa de Divulgación en Doazón e Transplantes”
Na primeira sesión, impartida por Alejandro, enfermeiro do CHUAC, vimos os aspectos básicos da Doazón de órganos e tecidos.
Na segunda sesión, Fernando, médico da UCI, despois das pautas básicas teóricas sobre a RCP (Reanimación Cardiopulmonar) ensinou ao alumnado a realizar a maniobra de forma práctica.
Toda unha experiencia que repetiremos coa formación básica para alumnado e profesorado dentro do Plan deportivo de centro.
A formación continou para Secundaria no segundo trimestre , impartida pola profesora de E.Física Mª Teresa Blanco Martinez, (que ademáis de profesora de E.F e titulada en Salvamento e Socorrismo), que realizou e aprovou neste ano 2017, previamente o curso de reciclaxe de Soporte Vital Básico e Desfibrilación externa semiautomática (DESA ou DEA) dentro do programa RCP na aula , impartido por Urxencias Sanitarias 061 e organizado pola Xunta de Galicia, (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), no Centro de Formación do Profesora de Ferrol, e que ten contemplada na súa programación unha U.D de Salvamento e Socorrismo.
O traballo na clase ( en 4 horas por curso), con cada curso de Eso (dende 1º a 4º), foi teórico-práctico ( como parte do que se exixia no curso de formación o que asistiu a profesora), con maniquís e un aparato DEA de prácticas, que foi prestado polo centro de formación do profesorado. Repasamos, actualizamos e reforzamos os coñecementos xa traballados no anterior obradoiro, e ademáis coa introducción dos contidos sobre Soporte vital básico e cadea de supervivencia e o manexo do DEA , sendo último de suma importancia, no só polo obxectivo claro de salvar vidas, se non que paralelamente o traballo nas aulas e na asignatura, o Axuntamento de Monfero, mercou un para o Pabellón Polideportivo.
O finalizar a súa formación, cada alumno acadara un diploma acreditativo , concedido polo 061, solicitado a través da profesora da asignatura.