De novo , este ano, no noso centro, a través do Departamento de Educación Física, volvemos a ter a nosa “ZONA DE LECER ACTIVO: MÓVETE CON FUNDAMENTO” , dentro do noso Plan deportivo de centro e coa finalidade de fomentar a práctica físico- deportiva con obxectivo de contribuír a mellora da nosa condición física saudable e a nosa saúde cardiovascular, a través do aproveitamento das horas de lecer no noso centro dunha forma lúdica e activa .
Buscamos ademais traballar actitudes e contidos multidisciplinares importantes para a formación integral do alumnado do Centro, como o respecto a os demais e o noso entorno, o coidado do noso material, a responsabilidade, a interacción social, a colaboración, cooperación , e traballo de igualdade a través do emprego de dito material utilizando como vehículo o xogo.
É importante sinalar tamén no que ten que ver coa práctica da Educación Física, que a través do xogo co material dispoñible, o alumnado descubre prácticas físico- deportivas novas e non tan habituais no seu entorno como: tiro con arco, golf, deportes de raqueta, xogos con material alternativo, pelota vasca, etc, que lle facilitan o coñecemento e acceso as mesmas, que de outra forma non terían.
Pretendemos en conclusión, a través do Departamento de E. Física, ademais dos obxectivos sinalados, recuperar o gusto polo xogo, o goze dun tempo de lecer en movemento con nosos compañeiros/as e as risas no patio:
!!!MOVERNOS CON FUNDAMENTO¡¡¡¡
O alumnado, o igual que o ano pasado, dispón de variado material deportivo, que este ano aumentou a súa dotación,
para o uso libre nas horas de lecer, que se atopa na zoa especial para iso sinalada ( o lado da porta de saída de Secundaría, o lado da Sala de profesores), sendo o seu uso regulado por alumnas/os colaboradores e a profesora de E. Física e sempre tendo en conta a normativa, que a continuación detallamos.
NORMATIVA DE USO DO MATERIAL DEPORTIVO-RECREATIVO PARA AS HORAS DE LECER
1. O material deportivo- recreativo estará a disposición de tódalas/os alumnas/os do centro, para o uso e disfrute nas horas de lecer dos recreos / de 11:30-12:00 para Primaria e 12:15-12:35 para secundaria ( no caso de secundaria, poderán facer tamén uso nas horas de lecer de despois de xantar).
2. Este material foi mercado polo Departamento de E. Física e a materia de Promoción de Hábitos saudables de Secundaria, dentro do Plan Deportivo de Centro e o fomento de “Hábitos de vida activa e saudable” con a idea de facilitarlle o alumnado opcións variadas de ocio e deporte, para aproveitar de xeito activo o tempo de lecer, para pasalo ben, xogar cos compañeiros/as e coñecer actividades físico- deportivas diferentes
3. Todo o material poderá ser usado por Primaria e Secundaria, xa que os recreos non coinciden.
4. O material se poderá atopar nun espazo destinado para el, chamado “ZONA DE LECER ACTIVO: MOVETE CON FUNDAMENTO”, situada a carón das portas de saída de Secundaria ( o lado da Sala de profesoras/es), onde tamén estarán situados os cuadrantes de prestamos onde os alumnos/as colaboradores, apuntarán incidencias e nomes de préstamo
5. Para empregalo , ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE SE PODERÁ FACER, A TRAVÉS DE SOLICITARLLO OS ALUMNO/AS RESPONSABLES DO MESMO ( NON A NINGÚN PROFESOR OU OUTRO ALUMNO), que son os que concederán o permiso e aos que haberá que devolvelo. Polo que, ningún alumno/a poderá coller o material sen a comunicación e permiso de ditos alumnos.
6. O material de Infantil, só o poderá usar infantil e corresponderalle ás profesoras/es o adxudicalo.
7. Os alumnos/as responsables, en caso de solicitar varios alumnos un mesmo material, concederán por orden de chegada dito material, e controlarán o tempo de xogo, para poder disfrutar todos, e só lles corresponde a elas/eles conceder ou non e como, o material.
8. O-As alumnos/as que pida calquera material, son os mesmos que teñen que devolvelos , e non o poden prestar ou deixar a outros, sen comunicarllo os alumnos/as responsables. Así mesmo, o material, deberá quedar recollido, tal como se atopou, ( non deixalo no patio, ou fora das caixas, ou pezas soltas, etc)
9. As alumnas/os que soliciten material para xogar no recreo, son responsables do seu uso adecuado e si dito material sofre algún dano por mal comportamento ou mal uso( emprego inadecuado, golpes, etc), SERÁN RESPONSABLES DE PAGAR UN NOVO E TENDRÁN UNHA SANCIÓN O RESPECTO DO DANO OCASIONADO, ASÍ COMO NON PODERÁN VOLTAR A UTILIZALO ATA NOVO AVISO.
10. Calquera dubida, preguntar os alumnos responsables ou a profe de E. Física de Secundaria: Mª Teresa Blanco .
11. E UN MATERIAL DE TODOS E PARA TODOS, TENDO A SORTE DE QUE O NOSO CENTRO NOS FACILITE DISPOÑER DEL, ASÍ QUE XOGUEMOS ATOPANDO NOVAS FORMAS DE APROVEITAR O NOSO LECER, PASEMOLO BEN E RESPETEMONOS E RESPETEMOLO.
¡¡¡¡ DISFRUTADE!!!!
ALUMNAS/OS COLABORADORES RESPONSABLES DE PRESTAR O MATERIAL:
PARA SECUNDARIA:
- Hugo 2º ESO
-Andrea 2º ESO
- Ariadna 2º ESO
-Daniel 2º ESO
RESPONSABLES DE PRIMARIA PARA PRESTAMO MATERIAL DEPORTIVO
5º E. PRIMARIA:
BRUNO
BRAIS B.
MARCOS
6º PRIMARIA:
MANUEL
PABLO
UXÍA