Cargadas as pilas tras as vacacións... Damos a BENVIDA a esta viaxe polo tempo que imos comezar.
Coa viaxe polas civilizacións coñeceremos os estilos de vida, alimentacións, festas, costumes, vestimenta... e o máis importante DIVERTIRNOS APRENDENDO!!
Deste modo, os nenos e nenas de tres anos convertiránse en Indios, os de 4 anos afondarán na vida dos Exipcios e o alumnado de 5 anos axudaránnos a coñecer aos Vikingos. Faremos investigacións, talleres, manualidades, instalacións artísticas, murais, xogos... co único obxectivo de que os nenos e nenas de Infantil aprendan xuntos, se relacionen, aprendan do outro, se axuden, respecten, cooperen...
Facendo unha PIÑA!
É por elo, que vemos importantísimo que as familias teñan presencia neste proxecto e participen de forma activa. Aproveitamos para invitarvos a que vos involucredes nesta andaina e facer máis forte o lazo de unión entre familia e escola.
Neste recuncho da páxina do cole, poderedes ver o traballo que vamos facendo entre todos, estade atentos e atentas ás NOVIDADES!!