Skip to Content

Educación Infantil

FELIZ DÍA DA FAMILIA!

 

Bo día familias!
Hoxe é o día da familia e este ano máis que nunca temos moi presente o importante que é gozar do tempo en familia, querernos e aproveitar o tempo xuntos.
 
Gustaríanos poder celebrar este día no cole xa que para nós é moi importante que as familias coñezan a vida do cole e desfruten das actividades cos cativos e cativas. Aos nenos e nenas tamén lles fai moita ilusión que a súa familia veña ao cole e colabore con eles nas actividades e ver todo o que fan!!! Canto aprenden e como evolucionan en tan pouquiño tempo por si mesmos!!!!
 
Pero este ano, como é así de diferente, propoñémosvos unha serie de actividades para que podades gozar todavía máis de todo este tempo en familia, sobre todo agora que podemos visitar aos nosos seres queridos, porque non hai nada máis importante que a NOSA FAMILIA!!!!
 
 
 
Proposta de actividades para facer xuntos en familia:
 
Bailamos e movémonos xuntos:
Unha actividade na que o podemos pasar moi ben todos xuntos é o baile. As cancións e o baile póñennos de bo humor polo que imos gozar da música que nos guste e inventar coreografías divertidas e graciosas. Cada membro da familia escollerá unha canción que lle guste e inventará unha pequena coreografía para que os demais o imiten. Así todos nos sentiremos integrados e desfrutaremos dos diferentes gustos de cada un. Tamén podemos organizar un karaoke para os máis atrevidos!!! A gozar da música!!!!
 
Cociña en familia:
Agora que podemos reunirnos de novo coa nosa familia imos aproveitar esas comidas para involucrar aos máis pequenos dun xeito divertido. Eles serán protagonistas elaborando un dos pratos que se poñan na mesa. Elaborade, por exemplo , un rico postre cos nenos e nenas e que todos os familiares o proben. Tamén poden elaborar un entrante sinxelo ou axudar na elaboración da comida que se vaia facer. Seguro que pasades un momento moi bonito cociñando xuntos, aos nenos e nenas failles moita ilusión que se coman as súas receitas e ademais pásano ben colaborando na tarefas da familia e da casa.
 
Representamos o noso conto favorito xuntos:
Escollemos o conto que máis nos gusta e aproveitamos para contalo todos xuntos. Gustoulle a historia a todos os membros da familia? Que foi o que máis lle gustou a cada un? Por que?
Agora ímonos animar e representalo entre todos. Toca disfrazarse e caracterizarse!! Veña, vai ser moi divertido!!! Cada membro da familia representará a unha personaxe (tamén poden representar máis cambiando o disfrace) ;)
 
Cápsula do tempo da familia:
Estamos a vivir un momento histórico que contaremos ás futuras xeracións polo que podemos gardar na nosa cápsula do tempo as nosas vivencias durante a corentena en familia. Como viven os peques a situación e como o queren contar, polo que poden meter debuxos do que fixeron en familia, fotos dos momentos xuntos na cuarentena, os irmáns maiores e os pais poden escribir unha carta contando as vivencias positivas que sacaron de todo isto e que poderán ler todos xuntos dentro de moito tempo. Podemos recopilar tamén as mensaxes de ánimo que elaboramos ou nos quixeron dar a nós, como por exemplo os arcos da vella que fixemos, algún recorte de xornal,
Todo isto metémolo nunha caixa adornada por toda a familia e a agocharemos nun rinconciño dun armario, sótano ou baixo terra no xardín.
 
Xogamos a adiviñar! :
Aproveitemos esas reunións familiares para realizar xogos divertidos e adiviñas. Cada membro da familia pode representar mediante a mímica un animal, personaxe coñecido, imitar a outro membro da familia para averiguar de quen se trata, representar unha historia para averiguala entre todos, un conto, unha película…
Veredes que divertido é intentar adiviñar o que realizan co seu corpo os demais sen falar!
 
 
Todas estas actividades son ideas para que podades gozar do tempo en familia, de reencontrarse cos seres queridos aos que fai tanto tempo que non viamos, e de sacar un sorriso e ver o lado positivo de toda esta experiencia que tivemos que vivir.
Podedes facer algunha, todas ou simplemente gozar dos paseos xuntos aos aire libre, dos paseos en bici, de plantar… GOZAR DA NOSA FAMILIA!!!!!!
 
 
 
 
 
 
PERO...NON VOS ESQUEZADES DA GRAN FAMILIA QUE TEMOS NO COLE TAMÉN!!

 

Quixemos facervos este vídeo para que non vos esquezades do importantes que son os nosos amigos e amigas e os vínculos tan fortes que formamos no cole.
 
 
 
 
Botámosvos moitísimo de menos, esperamos que vos guste este pequeno recordo de todo o que aprendemos e avanzamos xuntos, porque…
 
As profes quérenvos moito!

 

 

 

Lectoescritura con contos

 

Bo día familias!
 
Hoxe vos deixamos un vídeo con todos os vosos traballiños cos contos. Esperamos que o disfrutedes :)
 
 
Ata mañá!!

 

Celebramos o día das letras galegas :)

 

Ola familias, como cada mércores estamos actualizando o blogue. Hoxe imos coñecer a Ricardo Carvalho Calero, autor que eloxiamos este ano no día das letras galegas, o 17 de Maio.
 
 
Primeiro de nada, coñezamos este autor. Para iso indaguemos pola Internet con axuda da nosa familia. Escribimos o seu nome, apelidos, buscamos onde viviu e por último debuxámolo.
 
Agora que lle poñemos cara imos ler un dos seus relatos.
Imos aló!
Este é o conto co que vamos traballar:
AS PITAS BAIXO A CHOIVA
Velaquí o podedes ver:
 
 
O autor fala das pitas, ti saberías debuxar unha e poñer as partes dunha galiña?

 

E como será o galo máis antigo? Sabes?
 
Agora imos facer unha secuencia de 6. Debuxamos 6 cadrados nun folio, agora poñemos a cada cadrado un número: 1,2,3,4,5 e 6 (nunha esquiniña). En cada cadro vamos poñer un debuxo para contar a historia da nosa pita. A historia podes inventala ti ou basearte na do conto. Iso si, ponlle un nome a túa galiña.
Non te vaias esquecer!
 
Vamos indagar máis sobre as galiñas, a ver canto sabemos delas. Cal é o ciclo de vida das galiñas?
Fai un círculo grande nun folio ou cartolina e agora reparte dentro do círculo a vida das pitas: de onde nacen, como saen, como son de “pequeniñas” todo o proceso ata chegar a ser unha galiña.
Si che apetece podes facer un círculo do mesmo tamaño e cortarlle un cachiño (modo quesito), podes enganchalos polo centro cun encadernador, deixando o debuxo abaixo e así podes xiralo e ver soamente a fase de crecemento da galiña que che interesa.
É unha boa técnica para despois contarllo a outra persoa, así non pode ver o que pasará.
 
Tal que así pero coa pita, a ver que sae. Seguro que cousas moi interesantes.

 

 
 
Por último, que vos parece si facemos unha pequena rima coa palabra pita ou galiña?

 

Van saír rimos moi interesantes.
 
 
Por outra banda deixámosvos as tarefas de inglés:
3 anos:
- Paint the clown with colours.
- Song: Red, yellow, green and blue!:https://supersimple.com/song/red-yellow-green-blue/
 
4 e 5 anos:
- Transportation 1: sinalar o debuxo e dicir o nome.
 
 
- Transorpation 2: contar os medios de transporte e sinalar o número correspondente. Por exemplo: one car, two cars, three cars, four cars...
 
 
- Song: Vehicles!:
 
- Song: Driving in my car!
 
Podédeslle mandar as tarefas ao teacher ao seu correo: 
jatobv87@gmail.com

Ademáis, lembrade que tedes moitas máis propostas na páxina de aulas galegas por se lle queredes botar un ollo: https://aulasgalegas.org/category/infantil_3_a_6/

 
Seguimos en contacto en virxedacelainfantil@gmail.com
 
Ata o venres peques, moito ánimo!
 
 

 

 

 

Por catro esquiniñas de nada

 

Bo día familias!
Hoxe imos continuar traballando os contos con diferentes propostas que podedes adaptar ou escoller para facer cos peques :)
Hoxe tócanos o conto de “Por cuatro esquinitas de nada” que fala sobre a amizade, a aceptación das diferenzas, a exclusión e a empatía.
 
Neste enlace podedes visionalo:
 
 
 
 
 
Aquí tedes as propostas para hoxe:

 

 
 
1. Xogamos coas emocións. O adulto pode facer preguntas sobre as emocións do cadradiño. Por exemplo: como cres que se sinte cadradiño? Por que? Que solución lle deron os seus amigos os círculos para que deixara de sentirse así? Ti que outras solucións lle darías?…
Agora representaremos con mímica e co corpo ditas emocións. Poñer cara triste, alegre, enfadada…
Escribe todas as emocións nun papel, non vos olvidedes de poñer o voso nome en minúsculas. Os nenos e nenas de 4 anos poden buscar as vogais de cada palabra, rodealas e escribilas en minúscula. Os demais, ou quen se anime, poden escribir todas as palabras en minúscula.
 
 
2. Facemos figuras xeométricas. Podemos debuxar e colorear un cadrado e un círculo. Que outras figuras xeométricas coñeces? Debuxa e colorea un rectángulo, óvalo, triángulo ou rombo.
Agora busca pola túa casa obxectos que teñan esa forma e clasifícaos en grupos. Tamén podes xogar con estes obxectos e facer series, primeiro con dúas formas (por exemplo alternando círculo-cadrado-círculo-cadrado…) e logo aumenta a dificultade con máis formas.
 
 
3. Estampamos figuras xeométricas. Podes buscar pola casa caixas ou envases con esas formas para pintalos e poder estampar con eles nun folio ou podes crear ti as figuras cun cartón, pintalas e logo estampalas para crear as túas propias figuras xeométricas.
 
 
 
4. Traballamos as texturas do conto. Imos buscar pola casa diferentes texturas como a parede, a corteza dunha árbore, follas... poñemos un papel por encima e frotamos coa cera para ver as diferentes texturas. Tamén podemos crear diferentes texturas coa nosa pintura mezclando a témpera con fariña, sal, area… e pintar con ellas.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Tamén vos deixamos as tarefas de música:
 
IMOS DE CONCERTO!
 
Xosé Lois Romero e Aliboria – Concerto – Caroi – 21 de maio de 2017
 
Podédeslle mandar as tarefas ou poñervos en contacto con Mercedes no seu correo: dosinda@edu.xunta.gal
 
 
 
 
 
As tarefas de relixión:
 
 
 
Podédeslle mandar as vosas tarefas ao correo de Noelia: matarranz@edu.xunta.es
 
 
 
 
 
 
Seguimos en contacto en virxedacelainfantil@gmail.com
 
Ata o próximo día!
 
 
 

Topito terremoto!

 

Bo día familias!
Hoxe continuamos traballando de forma lúdica cun conto.
Tócanos coñecer a “Topito terremoto!”
 
Aquí tedes o enlace para visionalo:

 

 
 
Este conto relacionado coa intelixencia emocional é moi divertido e trata temas como a hiperactividade, as etiquetas negativas ou a canalización da enerxía.
 
No día de hoxe imos traballar a CONCIENCIA FONOLÓXICA. Este aspecto é fundamental traballalo xa que é o paso previo para adquirir unha boa lectoescritura. Os nenos e nenas deben comprender que a linguaxe é oral e ten sons, polo que é moi importante que ademais de coñecer o nome dunha letra a relacione co seu fonema, o seu son.

 

 
 
 
Para iso imos traballar unha serie de xogos:
 
1. Rimas: No conto vemos como a toupiño os seus amigos lle poñen moitas etiquetas negativas polo que el está moi triste. O primeiro que faremos é elaborar unha listaxe con esas etiquetas: Inquieto, nervioso, inseguro, plomo, hiperactivo, impulsivo, impaciente…Escríbeas e, solo se te ves animado, podes empregar as minúsculas. Vai dicindo en alto como sona cada letra.
Cres que estas etiquetas son boas para toupiño? Son certas? Como cres que se sinte? Que podemos facer para que se poña contento?
Imos elaborar unha listaxe con palabras positivas que lle podemos dicir a toupiño (por exemplo alegre, anérxico…) para que se sinta mellor. Escribe esta lista tamén.
 
Agora imos traballar a conciencia fonolóxica facendo rimas!
Colle a listaxe das etiquetas negativas, ves algunha que rime entre sí? Une ou rodea. Hai algunha que rime coa listaxe de palabras positivas que fixeches? Une ou rodea.
Agora busca palabras que rimen con cada unha das palabras das túas dúas listaxes.
 
 
 
2. Palmadas coas sílabas:A maiores de todas as etiquetas anteriores, no conto se traballa moito vocabulario relacionado coas emocións. Ímos traballar un pouco con estas palabras.
Elabora outra listaxe e se te animas escribea co seguinte vocabulario (vai dicindo en alto como sona cada letra e como sonan formando as sílabas): Calma, atención, alegría, arriba, abaixo, enerxía, turbo, bo, creativo, soño, temor, marabilloso, relaxación, concentrado e motivado.
Coñeces o significado de todas estas palabras? Explícaas coas túas palabras ou represéntaas co teu corpo.
Agora imos xogar con elas, temos que dicir cada palabra en alto e dar palmadas por cada sílaba. Contade cantas sílabas ten cada palabra e escribe o seu número debaixo, busca cal é a máis longa e cal é a máis curta, tes que dicirllas a un adulto ou rodealas se as escribiches previamente.
 
 
 
3. En busca de sons: Vamos escoitar con moita atención o conto de novo, poñendo atención nos sons das palabras. Por exemplo, en busca de palabras co son da letra R: terremoto, turbo, rompe, carril… Para facelo máis sinxelo, a persoa que vos axude pode escoller varias palabras do conto e despois que o neno ou nena teña que buscar nelas o son que se pide: R, S,T,L… Rodea, subraia, tacha…
 
 
 
4. Xogamos co nome: Todos os nomes comezan por unha sílaba; non si? Pois imos utilizala para xogar. Primeiro escribimos a primeira sílaba do noso nome e logo completamos a palabra con outras sílabas para formas novas palabras
Podes debuxar ao seu carón o que escribiches.
Sería así:
GEN……GENTIL
SAN….SANDÍA
 
 
 
* O IMPORTANTE destes xogos é traballar a conciencia fonolóxica cos nenos e nenas polo que se non lles apetece escribir estas listaxes simplemente poden dicilas e xogar coas rimas e as sílabas.
 
 
 
Para rematar, Topito Terremoto tiña que entregar un traballo de fin de curso.
Imos nós facer un.
Que vos parece se facemos un debuxo? Fixádevos que os debuxos do conto son como de cartón…animádesvos a facer un debuxo con cartóns.
(Facer as figuras con cartón, facer o debuxo en tres dimensións, Debuxar no propio cartón… o que vos guste máis).
Esperamos impacientes por esas obras.
 
 
 
Ata a próxima semana, que pasedes bo fin de semana!
 
Seguimos en contacto en virxedacelainfantil@gmail.com
 

 

Así é o meu corazón

 

Bo día familias, como ides? Volvemos co noso blogue propoñendo unha serie de actividades co conto
ASÍ ES MI CORAZÓN”
Velaquí tedes a ligazón para velo:
 
 
 
 
 
 
Agora imos escribir a un lado do folio, con letras minúsculas se vos animades, as emocións que experimenta a protagonista do conto (enfadada, triste, contenta, medosa...). Logo debuxamos na outra parte, ao carón da emoción correspondente, a forma do corazón e cor da que nos fala a nosa protagonista.
Volve ver o conto para fixarte nas formas!!
 
 
 
 
 
Seguro que na casa tes un montón de xornais, revistas, panfletos... que quedaron en desuso.

 

 
Vai en busca deles!
 
Xogo de letras: Recorta letras, moitas letras.... que che axuden a escribir palabras que representen como te sentes neste momento. Por exemplo: entusiasmado, feliz, contenta... o que ti queiras!
Logo, vai pegando as letras para ir formando as palabras. Podes volver a escribilas con letras minúsculas debaixo.
 
Veña ti podes!!
 
 
 
Collemos distintas témperas de cores ou algún material similar e colocamos tantas pegadas do dedo polgar como letras teñan as palabras que imos escribir. As palabras son os animais que aparecen no noso conto.

 

Cantos animais contaches? E cantas letras ten cada animal?
 
Colle cores clariños para que se vexan as letras!!
 
 
 
Despois de facer este traballo relaxámonos facendo o noso corazón colgante. Precisamos:
- Un cordón ou fío.
- Cartolinas ou goma eva.
- Pegamento.
- Lápis e goma

 

Fixámonos nas cores dos corazóns do conto e facemos nós tantos como teña o libro. Todos do mesmo tamaño, fai o primeiro e cálcao e así sucesivamente.
 
Agora para que se vexan todas as cores temos que ir facendo corazóns de máis grandes a máis pequeniños nos que fixemos anteriormente... así veranse todos cando os xuntemos ( debemos colocalos os que teñan os corazóns máis grandes abaixo e encima os máis pequenos).
Podemos xuntalos de varias formas; pegalos ou ven facer un buratiño arriba por onde metemos o fío que nos permitirá colgalo, como prefirades.
Ao gusto de cada un podemos poñer purpurina, pegar brillantiños, debuxar cariñas... o que máis vos chame á atención.
 
Xa temos o noso colgante feito!!
 
 
Finalmente, de que cor é o teu corazón? Iso nos preguntan no conto. Escollede unha cor ou varias e debuxádeo. Logo poñede debaixo unha mensaxe, palabras, emoticonos...que exprese o motivo desa ou desas cores.
 
Seguro que saen uns corazóns ben coloridos!!
 
 
Que vos parece se para rematar as tarefas con este conto elaboramos unha lista de palabras que nos axuden a mellorar aquelas emocións máis negativas que aparecen no conto, como pode ser o enfado.
Entre todos e todas seguro que atopamos moitas palabras que nos axuden a que se nos pase ese enfado que nos pon as meixelas vermellas.
 
Ánimo peques!!
 
 
Tamén vos deixamos as tarefas do teacher José:
Imos repasar os estados de ánimo (happy, sad, angry, bored, etc.). Podemos facer conversacións tipo:
- How are you?
- I am happy/sad/relaxed/angry.
 
 
 
Se podedes imprimide o documento, o neno/a pode sinalar a súa resposta (se responde "sad", sinala a
imaxe correspondente).
 
E tamén imos repasar os animais, podendo facer conversacións tipo:
- Where is the rabbit/elephant (onde está o coello/elefante?)
 
- The rabbit/elephant is here (o neno/a contesta e sinala a tarxeta correspondente).
 

 

 

 
E tamén van varias cancións:

 

 
- How are you?
 
 
 
- Yes, I can.

 
 
 
 
 
Lembrade tamén visitar o blogue da profe Ruth:
Ata moi pronto

 

AVISO PARA AS FAMILIAS

Boas familias!

Queremos informarvos que o Venres día 1 de Maio e o Luns 4 de Maio son días non lectivos para o noso centro polo que non haberá actividade no blogue nin teredes tarefas para ditos días.

 

Podedes continuar coas propostas de actividades do conto da Ovelliña que veu cear ou facer algunha actividade doutros días colgadas no blogue. Ademáis, animámosvos a facer as tarefas dos especialistas.

 

Tamén podedes seguir consultando a web de Aulas galegas se buscades algunha idea máis de actividades para facer cos nenos e nenas este fin de semana

https://aulasgalegas.org/category/infantil_3_a_6/

 

 

Desfrutade moito estes días en familia e non vos olvidedes de movervos e xogar moito!!

Moitísimo ánimo!

 

Seguimos en contacto en virxedacelainfantil@gmail.com

 

Traballamos o conto "A ovelliña que veu cear"

 

Bo día familias!
 
Hoxe traémosvos unhas propostas de actividades variadas para traballar de todo un pouco partindo da visualización do conto da “Ovelliña que veu cear”. É unha historia moi simpática que lle gusta moito aos nenos e nenas e fala sobre o valor da amizade e solidariedade!! :)
 
Aquí vos deixamos o conto para que o visionedes cos peques:

 

 
 
 
PROPOSTAS:
 
1. Comentamos a historia (comprensión e valores).
Tras o visionado deste conto ímoslle ir facendo distintas preguntas aos cativos/as para ver se estiveron atentos e comprenderon a historia e a súa moral:
- Cantos personaxes aparecen na historia? Cales son?
- De que cres que trata o conto? resúmeo coas túas palabras.
- Os lobos e as ovellas poden ser amigas? Por que?
- Ao final da historia, vemos como o lobo e a ovelliña fanse moi amigos. Que cambiou o lobo para poder ser o seu amigo?
- Cres que é importante coidar dos amigos/as? Por que?
- Que podemos facer para ter unha amizade tan bonita cos nosos amigos como a do lobo e a ovella?
- É importante respectar aos amigos/as? Que podemos facer para que os demáis nos respecten a nós e nos escoiten?
 
 
2. Lectoescritura.
Antes de nada escribe o teu nome e apelidos, se queres podes animarte a escribilo en minúsculas.
Despois escribe o título do libro e o nome das personaxes.
Podes escribilo con lápiz, rotu, repasalo por encima se cho escribe un adulto, buscar as letras nun xornal ou revista, recortalas e pegalas para crear a túa composición.
Por que letra comeza o lobo? Por que letra remata?
E a ovella?
Busca obxectos que comecen polas iniciais de lobo e ovella, é dicir, obxectos que comecen por “L” e “O”. Escríbeos.
Agora busca obxectos que rematen polas letras de lobo e ovella, é dicir, que rematen en “O” e “A”. Escríbeos.
Cantas letras teñen? Cal é o nome máis longo dos dous? É máis longo que o teu nome? Conta as letras de todos e escribe a grafía de cada número debaixo.
 
 
 
3. Receita de sopa de verduras e polo (coma a do conto! A comida favorita do lobo!)
Seguimos cociñando en familia!
Ingredientes:
300 gr de xudías verdes
1 porro
3 cenorias
1 litro de auga de caldo de verduras
3 filetes de polo
1 pizca de sal
 
Preparación:
Apartamos o porro e cortamos as verduras en brunoise (pequenos cubiños), cortamos en dados moi pequenos os filetes de polo e freímolos nunha olla cun pouquiño de aceite ata que se dore. Engadimos o porro e sofreimos 5 minutos máis. Engadimos a xudía verde, as cenorias e o caldo de verduras.
Se aos nenos/as non lles gusta a textura trituramos para facer unha rica crema.
 
 
4. Somos artísticas.
Crea a túa propia obra de arte do conto, fai un debuxo coa técnica que máis che guste, debuxa aos personaxes e decora coloreando, con puntiños de rotus, pegándolles papeis de cores, algodón, lentellas...todo o que se che ocorra!!
 

 

 
 
 
 
 
Por outra banda, aquí tedes as tarefas dos especialistas.
 
As tarefas do teacher José:
Imos aprender os membros da familia! Para iso, cantaremos 2 cancións.
 
- Song: My family!
 
- Song: Monster´s family
 
Despois, tedes 2 opcións:
- Facer unha árbore xenealóxica.
 
- Con plastilina, crear a mamá (mon) e papá (dad).
 

 

 

 
Aquí tedes un exemplo:
 
 
 
 
As tarefas da profe Noelia:
 
 
 

 
 
 
Tamén vos deixamos o vídeo que fixo a profe Ruth polo día da Educación Física coas vosas aportacións, moi bo traballo!!!
 
 

 
 
 
 
 
Seguimos en contacto en virxedacelainfantil@gmail.com
 
Ata o próximo día!

 

Vídeo sobre a semana do libro

 

Aquí vos deixamos o vídeo con todas as vosas aportacións na semana do libro.
 
 
Moi bo traballo chicos/as!!
 
 
Seguide así de ben :D
 
 

Esperamos que vos guste :)
 
Ata o próximo día
 
Biquiños a todos e todas

Traballamos coas minúsculas!

 

Bo día familias!
Xa estamos aquí unha semana máis para traervos un traballo sobre lectoescritura.
 
Antes de suspender as clases tanto os/as nenos/as de 4 anos como os/as de 5 anos estaban traballando, entre outras cousas, as minúsculas.
 
 
 
Os Exipci@s polo de agora fixeron unha aproximación ás minúsculas coas vogais na clase, polo que hoxe ímonos animar a continuar descubrindo algunha letra máis! ;)
 E os Viking@s estaban traballando con vogais e consoantes a partir de palabras significativas como son o nome e os apelidos.
 
 
AS PROPOSTAS PARA 4 ANOS SON:
 
1º: Escribe o teu nome coma sempre en maiúscula e debaixo escríbeo en minúscula, relacionando cada letra coa súa minúscula. (Non te esquezas de que os nomes propios sempre empezan por maiúscula :D), o adulto pode axudarte escribindo o teu nome en minúscula para que ti o copies ou o repases por encima con rotulador. Por exemplo:
SANDRA
Sandra
 
2º: Agora que xa temos o noso nome escrito en minúscula ímosnos ir fixando en cada letra e buscar obxectos que teñamos na nosa casa que comecen por esa letra. Por exemplo:
S. Sal
a. Abrigo
n. Neveira
d. Dicionario
r. Radiador
a. Alfombra
Se te ves animado e con gana podes escribir cada obxecto en maiúsculas.
 
  **Polo de agora ímonos centrar en aprender as minúsculas do noso nome para pouco a pouco aprender as letras minúsculas de todo o abecedario de xeito significativo pasiño a pasiño.**
 
 
 
AS PROPOSTAS PARA OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS SON:
 
1º: Escribir o noso nome en vertical, en minúsculas, agás a primeira letra. E logo imos completando con palabras que comecen por cada letra ou ben que rematen, dúas polo menos teñen que ser pola que rematen. Lembrade o da lateralidade, hai que escribir sempre de esquerda a dereita. Cando teñas o nome pasa aos apelidos facendo o mesmo.
Que tal saiu?
 
2º: Cando teñas iso rematado imos xogar ao dominó de letras. É moi sinxelo, primeiro facemos un percorrido (como o da foto ou diferente) logo poñemos na primeira ficha a palabra Nata, é pola que imos comezar. Agora seguindo as frechas temos que escribir palabras tendo en conta a letra pola que termina a palabra anterior. Pon moita atención.
Seguro que sairá ben…
 
(Aquí podes ver como o fixen eu, é só un exemplo)
 
 
 
Por outra banda, deixámosvos esta proposta de aulas galegas relacionada coas vogais. É un exercicio de respiración que serve de relaxación ao mesmo tempo que traballan coas vogais :)
https://aulasgalegas.org/vogais/

Mandádenos as vosas actividades a virxedacelainfantil@gmail.com

Ata o Mércores! :)
Distribuir contido


by Dr. Radut