No día 20/5/23 publicouse no DOG a convocatoria do fondo solidario de libros de texto (para alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO), das axudas para adquirir libros de texto (para alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria) e para adquirir material escolar (alumnado matriculado en Primaria ou na ESO) para o curso escolar 2024-2025.
A presentación das solicitudes farase na secretaría do centro ou, preferiblemente, a través da aplicación FondoLibros, accesible desde a seguinte ligazón:
O prazo de presentación de solicitudes será do 20/5/2024 a 21/6/2024, incluídos.
As datas de entrega dos vales e dos libros do fondo solidario, publicaranse na páxina web do centro.
Toda a información sobre o procedemento, os requisitos e as contías das axudas, nas seguintes ligazóns:
Publicación completa da orde no DOG
Anexo I e II (Formulario de solicitude)
CURSO 2024/2025 PRAZOS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR |
|
DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO CURSO 2023/2024 |
21/06/2024 (Data límite) |
PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS |
10/07/2024 |
RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS |
Ata o 15/07/2024 |
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS |
17/07/2024 |
ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO |
Pendente de determinar
|
ENTREGA DOS VALES
|
A partires do 01/07/24, sempre que xa se teña formalizada a matrícula. En caso de dúbida chamar por teléfono para confirmar.
|