ORIENTACIÓN LABORAL: SAÍDA A LUGO PARA COÑECER O FUNCIONAMENTO DOS CICLOS


A nosa orientadora, Rosa, organizou para o xoves 2 de maio, unha vista aos Centros Integrados de Formación Profesional.

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO e dous de 2º ESO, ademais das mestras Rocío, Marga e Cristina, chegaron a Lugo ás 11:30 horas e despois dun paseo para coñecer o Parque de Rosalía de Castro, baixamos ao CIFP Politénico onde Isabel, a orientadora, lles explicou a oferta de ciclos do centro e amosou o seu funcionamento, as aulas, os recursos que empregan e os materiais que están creando dos ciclos sanitarios de farmacia e enfermería, de educación infantil, electricidade, mecanizacións, etc. así como o funcionamentro de algún PCPI.

Pola tarde, despois de comer e pasear polo casco vello encamiñáronse ao CIFP As Mercedes. O director amosoulles o centro, as aulas, os materiais que se empregan nos ciclos de frío e calor, instalacións eficientes, comercio, marketing, ademais do PCPI de instalación automovílisticas. 

A visita, aínda que longa e intensa pola cantidade de información, foi moi proveitosa para todos e para todas. Visitade as fotos na GALERÍA.