21 DE SETEMBRO: DÍA DO ALZHEIMER
O 21 de setembro celébrase o Día do Alzheimer e na aula de Pedagoxía Terapéutica (PT) decidimos facer unha serie de actividades para sensibilizar ao alumnado con esta temática.
Limos un cómic chamado "¿QUE TIENE EL ABUELO?" no que se narra a historia de Julio, un rapaz adolescente que pasa uns días do verán na casa do seu avó Ramón, que empeza a ter os primeiros síntomas da enfermidade.
Aproveitamos para coñecer as características de este tipo de textos. Para rematar fixemos un resumo sobre a historia lida e facendo unha valoración persoal.
Podedes acceder ao documento en PDF no seguinte enlace: