ANA FÁLANOS DO OSO PARDO

Hoxe luns 25 de abril recibimos no centro a visita de Ana, que nos falou do Plan de Recuperación do Oso Pardo da Xunta de Galicia; contounos cómo son os osos (tanto os machos como as femias), como e cando se reproducen, de que se alimentan (aínda que non o pareza son omnívoros pero predominantemente vexetarianos), onde adoitan vivir, xa que necesitan áreas extensas e con poucos humanos  e as zonas do norte nas que se distribúen (zona oriental da provincia lucense, Asturias e Cantabria). Aínda que nos últimos anos a poboacion de osos pardos aumentou hai tan só 200 exemplares na zona occidental do norte de España e 30 na oriental, polo que continúa sendo unha especie protexida polo risco de desaparición. Ana como boa coñecedora da zona e das actitudes presentes cara esta especie tamén nos citou unha serie de consellos para unha mellor convivencia entre o ser humán e o oso, destacando a importancia de facer que o oso non se sinta atacado. No caso de producirse danos pola presenza do oso (por exemplo nas alvarizas) recordou que se poden pedir indemnizacións á Administración.