ANA FÁLANOS DO OSO PARDO

Hoxe luns 25 de abril recibimos no centro a visita de Ana, que nos falou do Plan de Recuperación do Oso Pardo da Xunta de Galicia; contounos cómo son os osos (tanto os machos como as femias), como e cando se reproducen, de que se alimentan (aínda que non o pareza son omnívoros pero predominantemente vexetarianos), onde adoitan vivir, xa que necesitan áreas extensas e con poucos humanos  e as zonas do norte nas que se distribúen (zona oriental da provincia lucense, Asturias e Cantabria).

Distribuir contido