OS REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN:
- Que o autor/a da obra presentada estude nun centro inscrito no Concurso Pilabot no curso escolar 2021/2022 e estea cursando un curso de educación primaria ou secundaria.
- Aceptar as bases legais do Concurso #EuSonPilabot, cumprimentar debidamente o formulario de inscrición e adxuntar os documentos legais solicitados: copia do DNI e autorización do titor/a legal.
- Enviar unha única obra por participante.
- O reciclado de pilas será o tema principal da obra, enfocado aos Obxetivos de Desenvolvemento Sostible marcados pola ONU para 2030
- O formato será de imaxe (debuxo, fotografía, collage…).
- Na obra ten que figurar como mínimo un elemento identificativo da campaña Pilabot (a caixa individual de recollida de pilas, o logotipo, o robot…). Valorarase a presenza de pilas e acumuladores portátiles ou outros recursos que as representen.
- A obra acompañarase dun título e dun breve texto explicativo que xustifique o seu significado e/ou mensaxe.
- Que na obra non figure ningún rostro de persoas, sexan menores ou adultos. Aceptaranse aquelas nas que os rostros estean pixelados ou distorsionados, de forma que resulten irrecoñecibles.
- Requisitos técnicos: formato de imaxe (.jpg, .png ou .pdf) e peso de arquivo inferior a 2 MB
DATAS IMPORTANTES:
Etapa 1: do 17 de febreiro ao 31 de marzo, na que estará aberto o prazo de participación.
Etapa 2: do 1 ao 22 de abril, na que se realizará a selección das obras inalistas gañadoras en cada categoría.
Etapa 3: do 23 de abril ao 31 de maio, resolución e difusión dos gañadores e entrega de premios