Esquema de temas
-
-
Información...
-
-
#AlegríaCursoEscolar20/21
Botábades de menos o cole, verdade?...
Pois arrancamos novo curso con moitas ganas de compartir momentos con vos.
Estade atentos a Aula Virtual!
CANTAR E BAILAR PARA SER MÁIS FELIZ
Para ir quentando motores deixovos unha canción moi acertada que seguro xa coñecedes de María Fumaça
En 3,2,1... ALEGRíA
-
Nesta sección irei poñendo recursos para que poidades poñer en práctica na casa coas vosas fillas e fillos e pasar un tempo máis ameno e entretido. Moito ánimo!
-
Nesta sección irei engadindo recursos para nenas e nenos de 3 a 6 anos (pre-lectores e primeiros lectores) e poder así entrenar a as habilidades metalingüísticas que é un conxunto de capacidades e habilidades para reflexionar/pensar sobre a lingua e chegar a analizar os seus compoñentes e estruturas; habilidades esenciais para aprender a ler e escribir. Permite que as nenas e nenos recoñezan, manipulen e segmenten os fonemas que son as unidades máis pequenas da fala (conciencia fonémica). Traballar tamén a capacidade e habilidade para manipular as sílabas que compoñen as palabras (conciencia silábica) e identificar e manipular as palabras que compoñen as frases (conciencia léxica).
-
Nesta sección atoparedes recursos para estimular a linguaxe e previr posibles alteracións da articulación dos fonemas no caso de alumnado de 3, 4 e 5 anos, os cales se van adquirindo de xeito progresivo en función da evolución da nena/o.Tamén subirei recursos específicos para practicar os fonemas daquel alumnado a partires dos 5 - 6 anos que o precisen.
-
Esta sección irá adicada a traballar aspectos relacionados coa correcta estrutura das frases e tamén a comprensión das mesmas; así conseguiremos mellorar o seu discurso e tamén a súa comprensión a nivel oral.
-
Nesta sección irei aportando recursos para estimular a intelixencia ou estimulación cognitiva, é dicir, aquelas actividades que axudan a desenvolver e despregar as distintas capacidades (percepción, atención, razoamento, memoria, linguaxe, orientación e habilidades motoras) das nenas/os facilitando así o seu crecemento saudable e a súa autonomía.
O cerebro é un músculo que precisa acción!
-
Nesta sección atoparedes actividades para aprender, mellorar e ampliar o vocabulario das nenas e nenos, é dicir, as palabras que son capaces de usar e tamén de comprender. Para ampliar vocabulario non é suficiente con nomear as palabras, se non que ademais hai que integralas proporcionando unións (que é?, como é?, para que serve?). Por iso, para traballar o vocabulario debémolo facer de moitas formas: nomeando, sinalando, definindo, asociando ou integrándoo en contextos.
Aprende palabras, aprende vocabulario...
-
Neste apartado irei incluíndo recursos para traballar a Intelixencia Emocional que é a habilidade que nos axuda a entender de que maneira podemos influír nas nosas emocións como interpretar os estados emocionais dos demais. Este aspecto ten un papel fundamental tanto na nosa maneira de socializar como nas estratexias de adaptación ao medio que seguimos.
-
Neste apartado irei engadindo recursos para traballar as habilidades sociais que son un conxunto de condutas que nos permiten interactuar e relacionarnos cos demais de maneira efectiva e satisfactoria. Un aspecto interesante sobre estas habilidades é que se poden aprender, potenciar e ir desenvolvendo no día a día coa práctica.
-
1. YO VOY CONMIGO de Raquel Díaz Reguera
Unha historia preciosa para favorecer a autoestima, a confianza nun mesmo, valorar a nosa beleza interior e exterior, respectarnos a nós mesmos, aceptarnos e querernos.
Deixádevos querer pero comeza por quererte a ti mesm@.