881 86 70 01
POLO SANMARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO
O peón (trompo, buxaina) é un brinquedo feito en madeira, que ten forma cónica e que está rematado nunha punta metálica (ferrón); a este enrólaselle unha corda (piola ou baraza) para o lanzar e facer que xire. Na parte de riba do peón sobresae un anaco de madeira (pirucho) e a zona máis ancha do xoguete recibe o nome de barriga ou panza.
Eu quero bailar polo sanmartiño,
polo sanmartiño eu quero danzar,
enrólame a capa con xeito e con graza
e con elegancia desenrolamá.
Quero bailar na man dun meniño
e dunha nena na palma da man
que se non bailo polo sanmartiño
queda o camiño sen bo camiñar.
No sanmartiño
peóns ao camiño...
quero bailarche
na palma da man...
No sanmartiño
as piolas corten
coma un asubío
ao ar ao lanzar.
Peóns, bailaretes
que alegren a terra,
crianzas sorrintes
as vexan xirar,
remuíños de vida
mouméenlle ao vento,
que escriban un verso
ferróns escribáns.
Aí vai, preparados, que o día chegou,
de rañar a terra cos nosos ferróns.
Enrolade a piola e man levantar,
que o camiño espera aos nosos peóns.
Que todas a unha as pequenas mans
lancen mil buxainas a todo fungar.
Para que o camiño dea bo andar,
polo sanmartiño, velaí, velaí van!
11 de Novembro de 2008