881 86 70 01
O SAMAÍN
Hai anos, coincidindo coa chegada do outono, apañábanse as cabazas que se sementaran entre o millo.
A rapazada que colaboraba na colleita era agasallada con algunha destas cabazas para que tallaran nelas caveiras arrepiantes, canto máis arrepiantes moito mellor, e que as colocaran a noite do 31 de outubro, cunha veliña dentro, nos camiños, entre as silveiras, nas fiestras das casas... co aquel de meterlle medo á xente que pasase a rentes delas.
Tallar unha cabaza é ben doado. Só hai que seguir uns pasos ben sinxelos e unha vez rematada levarase ao colexio a partires do mércores, 29 de outubro, para participar na "I exposición Samaín 2008".
Só por participar recibirase un agasallo "modelo exclusivo Samaín 2008".
O venres, día 31, pola tarde xa a podes retirar para colocala na túa terraza, nun camiño, nun valado... o caso é meterlle un pouco de medo no corpo aos amigos e veciños...