881 86 70 01
Eventos - Filtro:
Sáb | ||
---|---|---|
Resolución de 12 de abril de 2024, de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2024-25. Extracto da resolución: https://www.boe.es/boe/dias/2024/04/19/pdfs/BOE-B-2024-14197.pdf Texto íntegro da convocatoria: SNPSAP (infosubvenciones.es) Información:https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html
O prazo para solicitar as axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo é do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024, ambos inclusive. As solicitudes cubriranse polos solicitantes exclusivamente a través da web da sede electrónica do Ministerio de Educación, FP e Deportes, https://sede.educacion.gob.es. Unha vez cuberto o formulario da solicitude, imprimirán o ficheiro PDF coa solicitude e os certificados e presentarano no centro educativo no que vai estudar o curso 2024/2025, debidamente asinado entre o 30 de abril e o 13 de setembro de 2024. No caso de escolarización combinada o centro tramitador será o centro de estudos ordinario. Novidade desta convocatoria: o grao de discapacidade para acreditar a NEAE reduciuse ao 25%. A convocatoria mantén o subsidio para as solicitudes propostas que acrediten NEAE. Dende hoxe ata o 8 de setembro permanecerá aberto o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2024/2025. Poderán desenvolver esta tarefa:
Ou, con carácter excepcional, por non existir persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, nin colaboradores directos dispoñibles previstos ordinariamente en número suficiente:
As persoas interesadas en colaborar co comedor escolar deberán presentar a súa solicitude na administración do centro ou enviala por correo-e a cpi.san.vicente@edu.xunta.gal antes do 8 de setembro de 2024. As listas provisionais de seleccionados pecharanse no momento no que se cubra o número de colaboradores necesarios e o Consello Escolar aprobe a súa idoneidade. O importe do complemento por servizos extraordinarios que percibirá o persoal docente e non docente do centro ou da compensación económica polos gastos de dedicación e desprazamentos xerados pola colaboración no comedor que percibirán os membros da comunidade escolar (nais, pais titores legais ou acolledores familiares do alumnado), será de 12,50 € por día de asistencia efectiva ao comedor, con independencia do número de quendas de comedor existentes. Para máis información sobre as instrucións relativas ao comedor escolar no curso 2024-2025, pódense consultar as Instrucións de comedores de Xestión Directa para o curso 2024-2025, no documento adxunto. |