881 86 70 01
Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
3
| 4
| 5
Start: 05/06/2024 12:39
A Consellería do medio Rural, promotora da iniciativa Come Local na que participou o noso comedor escolar no curso 2023-2024, convídanos ao Evento Final que terá lugar o DOMINGO 16 DE XUÑO en Ponteareas, na área recreativa A Freixa, onde haberá un programa de actividades moi completo que contará, entre outras cousas coas seguintes accións:
A duración será de 10.00 am a 18.00 pm. Ao longo deste tempo tamén haberá postos de produtores alí ubicados, un espazo informativo con propostas de menú para primavera, outono/inverno, ideas para ceas, manual de seguridade alimentaria, base de datos propiedades nutricionais dos alimentos, etiquetado nutricional e narrativo dos produtos con certificado de calidade... Animádesvos a participar? Pregamos que as familias interesadas en acudir a este evento remitan un correo-e ao centro (cpi.san.vicente@edu.xunta.gal) co asunto EVENTO COME LOCAL e indicando cantas persoas da familia estçan interesadas en asistir. Se formamos un grupo suficiente (unhas 50 persoas), animarémonos a contratar un autobús para que a viaxe resulte máis cómoda e económica para todas e todos. No documento adxunto tedes o programa do evento. | 6
| 7
| 8
| 9
|