Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Maio 15, 2024
Start: 15/05/2024 12:39

Estamos ilusionados con transformar os espazos exteriores do centro na procura de conseguir uns patios onde convivir, xogar, crear e aprender en comunidade. 

Profesorado e alumnado estamos recollendo ideas, propostas, soños, pero precisamos tamén da colaboración e participación das familias, para que o resultado sexa o patio que queremos. 

 

Presentación Proyecto Creativo Moderno Azul de Mar Sueiro

A Asocicación de Familias e a Comisión de Patios do cole quere convidar a todas as familias interesadas en colaborar e aportar ideas para a transofrmación dos nosos patios a un café-encontro cos responsables da Cooperativa Miudiño, que terá lugar o vindeiro MÉRCORES 22 DE MAIO, ás 16:00 horas na BIBLIOTECA DO COLE. 

ESPERÁMOSVOS!!!

Martes Maio 21, 2024

Onte publicouse no DOG a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

O prazo para presentar solicitudes comeza hoxe día 21 de maio e rematará o día 21 de xuño de 2024 (incluído).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes (recoméndase traer cubertos anexo I e o anexo II da orde de convocatoria), ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos para o procedemento administrativo común.

Os prazos establecidos polo centro para o procedemento (publicación de listaxes, reclamacións etc.) poden verse no arquivo anexo.

Dado que o centro participa no programa E-Dixgal en 5.º e 6.º de Primaria e todos os cursos de ESO, as modalidades de participación a que pode ter dereito o noso alumnado son as seguintes:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3.º e 4.º de Primaria.

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1.º e 2.º de Primaria, ou ben alumnado doutros cursos cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % (disposición adicional primeira) ou necesidades específicas de apoio educativo (disposición adicional segunda), a xuízo do centro docente.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Primaria e ESO.

Luns Maio 27, 2024
Start: 27/05/2024 18:29

No arquivo adxunto podedes coñecer o resultado da enquisa que o Equipo de Igualdade realizou ao alumnado de ESO e a partir da cal se estableceron os obxectivos de traballo do equipo durante o cruso 23-24.

Domingo Xuño 02, 2024
Start: 02/06/2024 08:25

Este curso escolar 2023-24 temos en funcionamento os novos recantos creados grazas aos Programas Educativos da Consellería de Educación. Coa participación nas modalidades CP Innova e CP Inclúe, o CPI San Vicente incrementou dentro das aulas a presenza de novos recursos que permiten realizar accións que promoven a igualdade de oportunidades, a inclusión, a competencia en educación emocional, a convivencia entre os membros da comunidade educativa, o desenvolvemento de competencias clave, o talento e o fomento de hábitos de vida saudables entre outras.  

 

Tanto en EI coma en EP adquiríronse novos recursos para a creación de espazos de estimulación da lectoescritura e a lóxico-matemática así coma espazos de creación artístico-expresiva e de desenvolvemento do xogo simbólico.

 

O xogo é unha potente ferramenta educativa e un recurso metodolóxico que facilita o proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.

 

Presentamos unha escolma de imaxes dos espazos e das actividades realizadas por medio dos recursos adquiridos.

 

XOGOS EDUCATIVOS

Mércores Xuño 05, 2024
Start: 05/06/2024 12:39

 

A Consellería do medio Rural, promotora da iniciativa Come Local na que participou o noso comedor escolar no curso 2023-2024, convídanos ao Evento Final que terá lugar  o DOMINGO 16 DE XUÑO en Ponteareas, na área recreativa A Freixa, onde haberá un programa de actividades moi completo que contará, entre outras cousas coas seguintes accións:

  • Talleres para nenos e nenas.
  • Mesa redonda sobre a campaña cun cociñeiro/a, un director/a, un representante da Xunta, un produtor e unha das coordinadoras desta iniciativa. 
  • Entrega de tabletas e galardóns aos responsables de cociña/comedor desta edición que consistirá nun diploma, un gorro e un mandil de *Come LocaL*. Todo isto da man da Conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia.
  • Comida a cargo dos cociñeiros e cociñeira do CEIP A Paz-Tintureira (Coruxo), CEIP Xacinto Amigo Lera (Portomouro), CEIP A Lomba (Vilagarcía) e CEIP Vicente Otero Valcárcel (Carral).
  • Taller de xeados artesáns e queixo.

A duración será de 10.00 am a 18.00 pm. Ao longo deste tempo tamén haberá postos de produtores alí ubicados, un espazo informativo con propostas de menú para primavera, outono/inverno, ideas para ceas, manual de seguridade alimentaria, base de datos propiedades nutricionais dos alimentos, etiquetado nutricional e narrativo dos produtos con certificado de calidade...

Animádesvos a participar?

Pregamos que as familias interesadas en acudir a este evento remitan un correo-e ao centro (cpi.san.vicente@edu.xunta.gal) co asunto EVENTO COME LOCAL e indicando cantas persoas da familia estçan interesadas en asistir. 

Se formamos un grupo suficiente (unhas 50 persoas), animarémonos a contratar un autobús para que a viaxe resulte máis cómoda e económica para todas e todos.

No documento adxunto tedes o programa do evento.  

Distribuir contido


by Dr. Radut