881 86 70 01
Eventos
Mércores Febreiro 17, 2021
Start: 17/02/2021 19:49
Plan para a mellora da Competencia Lingüística e o Tratamento integrado de linguas aprobado polo claustro de profesoras e profesores e integrado no Proxecto lingüístico de Centro.
Xoves Febreiro 18, 2021
Start: 18/02/2021 19:27
O vindeiro xoves 18 de febreiro o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO recibirá un obradoiro sobre Imaxes, influencers, pornografía e violencia de xénero, dentro do Plan de Igualdade de centro e impartido por Fademur Galicia (Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia), dentro do seu programa de Promoción de Valores en Igualdade nas escolas rurais.
Sábado Febreiro 20, 2021
Start: 20/02/2021 13:34
Presentamos o primeiro episodio de A Baña Investiga, un novo programa da nosa canle de radio O son da Baña no cal publicaremos traballos de investigación desenvolvidos polo noso alumnado.
Este primeiro episodio foi realizado por un grupo de 4 alumnas e alumnos de 1º de ESO qe quixeron saber máis sobre a moda sostible e o impacto ambiental da industria da moda.
Venres Marzo 12, 2021
Start: 12/03/2021 10:23
A profe Noelia está a facer un Proxecto sobre os animais cas nenas e nenos de tres anos. Estes son algúns dos traballiños e investigacións que están levando a cabo!
Clasificamos os animais polo que comen e onde viven, fixemos pegadas no barro, coñecemos ó poliño Cocorico e incluso...tivemos visita dos "Bichos bola" na aula...están a pasalo pipa mentres aprenden un montón!!!
Vanse covertir en expertas e expertos dos seres vivos!!!
Boa fin de semana...e animámosvos a seguir investigando "animaladas en familia" :)