Esta app, Moodle Classic, só é válida para usuarios que dispoñan de Nome de usuario e Contrasinal.
A app Moodle Mobile, que atopamos en Play Store e Apple Store non é compatible coa versión de Moodle 2.6 desta aula virtual.
De ter interese en instalar a app Moodle Classic, realiza os seguintes pasos:
1. Descarga a app no teu móbil ou táblet a través deste enlace para android: https://apkpure.com/es/moodle-classic/com.moodle.classic
2. Cando a inicies por primeira vez: introduce os seguintes datos:
a) Dirección do sitio: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpisantalucia/aulavirtual/
b) Nome de usuario: o mesmo usuario que usas para entrar na Aula virtual do teu centro
c) Contrasinal: o mesmo contrasinal que usas para entrar na Aula virtual do teu centro