ACTIVIDADES PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS CONCELLO DE MORAÑA

11/06/2024 15:20

ACTIVIDADES PROXECTO DE PREVENCIÓN DAS CONDUTAS ADICTIVAS

Dende a C.P.I Plurilingüe Sta. Lucía queremos informar ás familias sobre o inicio, un

ano máis, das actividades e Obradoiros de prevención das condutas adictivas que se

realizan cos vosos fillos e fillas ao longo deste curso escolar 2024-2025. Estas

actividades e Obradoiros realizaranse dentro do Proxecto de prevención das condutas

adictivas no que participa o Concello de Moraña dende o ano 2007 con outros

concellos da contorna, contando co cofinanciamento da Consellería de Sanidade.

Para complementar as actividades preventivas que se leven acabo no C.P.I Plurilingüe

Sta. Lucía de Moraña (hábitos saudables, habilidades sociais, habilidades de rexeitamento,

autoestima, intelixencia emocional, riscos e mitos TRICs, mitos e riscos drogas, etc.), dende o

Proxecto de prevención de Moraña facilítase material preventivo para poñer a

disposición das familias. Con el, e seguindo pautas breves e sinxelas as familias

poderedes mellorar a vosa competencia preventiva, favorecendo a promoción da

saúde e a prevención de riscos psicosociais asociados á xuventude (condutas violentas,

consumo drogas, abuso TRIC).

1º. MATERIAIS INTERACTIVOS:

- DECÁLOGO INTERACTIVO: 10 consellos para mellorar a relación cos fillos e fillas.

- PAUTAS FAMILIARES: Contribuir ao desenvolvemento saudable dos fillos e fillas.

https://unaf.org/materiales/parentalidad-positiva-pautas-para-las-familias/

- PREVENCIÓN CONDUTAS DE RISCO EN ADOLESCENTES: Comportamentos

violentos, fracaso escolar, consumo de drogas, alteracións da alimentación, sexualidade e

abuso de tecnoloxías.

https://unaf.org/materiales/ conductas -de-riesgo-en-adolescentes/

2º. XOGOS EN FAMILIA:

- FAMILIAS: Xogo para mellorar o clima e convivencia familiar.

https://unaf.org/materiales/actividades-para-adolescentes

- ROLEANDO EN FAMILIA: Xogo para a mellora das relacións familiares e a prevención das

condutas de risco na adolescencia.

https://unaf.org/materiales/actividades-en-familia/

Nesta liña, ao longo deste curso escolar ofertaranse, dende o Proxecto de prevención

das condutas adictivas, en colaboración co voso centro escolar e coa ANPA Obradoiros

presenciais e en liña destinados ás familias, cos que fomentar o papel preventivo da

familia, como principal axente de socialización.

Para finalizar, incluímos os datos de contacto do Departamento de prevención das

condutas adictivas de Moraña, ao que pode recurrir de forma gratuíta e confidencial

calquer familia ou persoa que necesite asesoramento, orientación e/ou tratamento

relacionado coas condutas adictivas.

Contacto Servizo de prevención das condutas adictivas:

Dirección: Centro Ocupacional “A Ran”, Cuntis.

Teléfono: 986 59 59 22 (Horario de 9:00 a 14:30h)

E-mail: prevenciondrogodependencias@concellodecuntis.es

Blog: www.prevenciondrogodependencias2020.blogspot.com

- Servizos prestados:

Asesoramento sobre tratamentos de deshabituación de drogas, derivación centros

asistenciais.

Asesoramento sobre tratamentos das adiccións sen substancias (abuso TRIC, xogos de

azar), derivación centros asistenciais.

Tratamento para deixar de fumar (individual e grupal).

Asesoramento familiar sobre a prevención das condutas adictivas dende a familia

(prevención consumo de drogas, abuso das TRIC e uso/adicción a xogos de azar).

 

CALENDARIO MATERIAS PENDENTES 1ª AVALIACIÓN ESO

Publícase o calendario de materias pendentes da 1ª avaliación da ESO

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

10/28/2024 11:02

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

(Resolución do 10 de setembro de 2024)

Convócanse eleccións ao Consello Escolar:

-28 de outubro: publicación dos censos electorais dos diferentes sectores no taboleiro de anuncios de conserxería.

-Do 28 de outubro ao 8 de novembro: reclamación aos censos.

-Prazo de presentación de candidaturas: do 30 de outubro ao 11 de novembro.

REUNIÓNS FAMILIAS INICIO CURSO

 

O vindeiro venres 6 de setembro ás 12:00, no salón de actos do centro, terá lugar unha reunión xeral de Educación Primaria para falar da organización e funcionamiento do centro.

A continuación, sobre ás 12:30, tamén haberá reunión para as familias de 1º e 5º de Educación Primaria.

 

En canto á etapa de Educación Infantil, a reunión para ás familias de 3, 4 e 5 anos será o luns 9 de setembro ás 16:30 nas súas respectivas aulas.

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E LISTAS DE MATERIAIS para o curso 2024/2025

 

A continuación atoparedes un enlace a relación de libros de texto e material didático para o curso 2024/2025:

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO

 

Por outro lado, pídese o seguinte material a todo o alumnado de Primaria e Secundaria:

CURSO FOLIOS BRANCOS CARTOLINAS
1º EP 1 paquete de 500 de 80gr 1 paquete A4 de 50 MARRÓN
2º EP 1 paquete de 500 de 80gr 1 paquete A4 de 50 VERMELLO
3º EP 1 paquete de 500 de 80gr 1 paquete A4 de 50 VERDE
4º EP 1 paquete de 500 de 80gr 1 paquete A4 de 50 AMARELO
5º EP 1 paquete de 500 de 80gr 1 paquete A4 de 50 AZUL CLARO
6º EP 1 paquete de 500 de 80gr 1 paquete A4 de 50 LARANXA
1º ESO 1 paquete de 500 de 80gr 1 paquete A4 de 50 NEGRO
2º ESO 1 paquete de 500 de 80gr 1 paquete A4 de 50 BRANCO
3º ESO 1 paquete de 500 de 80gr 1 paquete A4 de 50 ROSA
4º ESO 1 paquete de 500 de 80gr 1 paquete A4 de 50 BRANCO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para o alumnado de Primaria tamén tedes as listas co resto de materiais no seguinte enlace:

LISTAS MATERIAIS PRIMARIA

 

*As listas quedan abertas a calquera material que se necesite durante o curso escolar, como os libros de lectura obrigatoria ou algún material de plástica que se pedirá unha vez iniciado o curso atendendo ás instrucións do profesorado.

*Pódese empregar material de outros cursos.

*O material debe vir marcado co nome do alumnado.

CONTRATACIÓN COLABORADORES COMEDOR PARA O CURSO 2024-2025

Dende hoxe e ata o 1 de setembro, queda aberto o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios no comedor escolar durante o curso 2024-25

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer