De novo, tras a boa acollida no curso pasado, buscamos crear un espazo confortábel para que o alumnado use a nosa lingua e reforzalo cun encontro de persoas de diferentes xeracións, neste caso ligadas ao colexio e aproveitando os 50 anos do noso centro.
Esta proposta xurdiu o curso pasado dentro dunha colaboración do Equipo de dinamización da lingua galega- EDLG do CPI con Amparo Calvo e o Concello de San Sadurniño. Recollemos a idea da definición de faladoiro como espazo para contar, conversar en galego... situándonos fisicamente en pequenos grupos sentados arredor dunha mesa...
Alumnado da ESO, de 4º de Primaria e de 4º de E. Infantil puido conversar con ex alumnado, ex profesorado do centro e comparar diferentes aspectos da vida escolar no pasado coa situación actual.
As actuacións do grupo de alumnado “Ferreñas club” e de Diego de Braelle enriqueceron o acto xunto co chocolate ofrecido polo Concello.
Expresamos un sentido agradecemento cara ás persoas que colaboraron desinteresadamente nesta actividade e ao tempo fixérona posible:
Amparo Calvo, Manolo Seco, Anabel (biblioteca San Sadurniño), Ana Rico, Mª José Pouso, Emilia García.
Juan Ramil, Antonio Bello, Xosé Pantín, Xesús Breijo.
Manolo López V., Ángela Arnosa, Bieito Beceiro, Iria Grandal, Araceli Graña, Salomé Mouriz,
Profesorado: Carmela Franco, Vanesa Prado, Yolanda Reimonde, Mónica Pouso, Fernando García, Uxío Leira.
ANPA do CPI San Sadurniño
Concello de San Sadurniño
Dende o EDLG seguiremos buscando crear situacións para favorecer que a nosa lingua siga viva!
Pinchando na imaxe pódense ver as fotografías da xornada
Nova recollida na Voz de Galicia do 11 de maio:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/san-sadurnino/2024/05/11/span-langglencontros-falar-galego-cpi-san-sadurninospan/0003_202405F11C9996.htm