Xa temos gañador no concurso de fotografía que o DPTO. de FeQ convoca xunto á Biblioteca do centro para plasmar nas instantáneas máis fermosas ou orixinais algún fenómeno natural relacionado coa ciencia.
Desta volta, Iago Lourido de 2ºESO, obtivo unha imaxe preciosa dun brócoli coñecido coma Romanescu, no que se observan as formas xeométricas tan curiosas que adopta; son os denominados fractais matemáticos, tan difíciles e tan doados ao mesmo tempo.
Parabéns Iago.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Fotografía gañadora do concurso FOTOGRAFÍA E CIENCIA 2017.pdf | 45.07 KB |