Obxectivos prioritarios para o plan de acción

 Establecer e numerar OBXECTIVOS “SMART” : [editar]

Partindo do DAFO estableceremos uns obxectivos prioritarios para o vindeiro curso que sexan:

a. Específicos (Specific), deben ser o máis concretos posible. A lectura do obxectivo por parte de calquera membro do claustro debe permitir comprender exactamente que se pretende facer e como.

b. Medibles (Measurable), deben responder a metas cuantificables. Se o obxectivo non é medible, non poderemos saber cando foi acadado.

c. Alcanzables (Achievable), é dicir, poden e deben ser ambiciosos, pero posibles;

d. Relevantes (Relevant), debemos formular obxectivos que conleven un beneficio importante para a organización educativa.

e. Definidos no tempo (Time bound), isto facilitaranos identificar as distintas etapas e fitos que permitirán acadalos.

Para cada obxectivo se establecerá a persoa responsable do seu seguimento.


Tormenta de ideas [editar]

Podes engadir aquí todo o que queiras: suxestións, propostas e consideracións relacionadas co DAFO e o que poida ser relevante para facer o Plan de Acción.


Podes engadir aquí as propostas concretas que consideres relevantes dándolle ao [Editar] que está á dereita ===> [editar]

Obxectivos...

Obxectivo: Un obxectivo relevante sacado da análise DAFO
Responsable: Quen se encargará de promover e facer o seguimento do obxectivo definido.
Indicador/es: De que maneira podemos medir e saber se o obxectivo vaise cumprir ou non
Valor de partida: De partida a cousa está así e podemos medila desta forma
Valor previsto e data: A medición para acadar o obxectivo na data prevista será...



Manolo

Obxectivo: Mellorar o intercambio de experiencias interdisciplinares.
Responsable: Xefatura de estudos - Equipo directivo
Indicador/es: Desenvolver unha experiencia interdisciplinar por nivel.
Valor de partida: ?
Valor previsto e data: Realizouse unha experiencia interdisciplinar por nivel.

Obxectivo: Realizar actividades que potencien a creatividade.
Responsable: Xefes de departamento...
Indicador/es: Realizar unha actividade específica por departamento
Valor de partida: ?
Valor previsto e data: Realízase unha actividade específica por departamento

Obxectivo: Mellorar a coordinación da extratexia TIC co profesorado.
Responsable: Dirección e coordinador TIC
Indicadores: Incluir apartados de información  e coordinación TIC nas CCP
Valor de partida: A coordinación actual é insuficiente
Valor previsto: Engadíronse apartados de información e a coordinación TIC nas CCP

Obxectivo: Mellorar a competencia no ensino dixital  traballando con equipamento de baixas/medias prestacións 
Responsable: Coordinador TIC
Indicador/es: Número de incidencias relacionadas con certas dificultades do profesorado para realizar tarefas comúns na docencia dixital con equipamento de baixas/medias prestacións.
Valor de partida: Existen incidencias relacionadas con dificultades para realizar algunhas tarefas cotiás no ensino dixital con equipamento de baixas/medias prestacións.
Valor previsto e data: Non hai incidencias  relacionadas con certas dificultades do profesorado para realizar tarefas comúns na docencia dixital con equipamento de baixas/medias prestacións. No último trimestre do curso.

Obxectivo: Promover o uso de novas modalidades de ensino dixital para a avaliación
Responsable: Xefatura de estudos, coordinador TIC
Indicador/es: Cantidade de actividades de avaliación feitas con ferramentas dixitais ou na aula virtual.
Valor de partida: Considéranse insuficiente o número de actividades de avaliación realizadas con ferramentas dixitais
Valor previsto e data: Realízase polo menos unha actividade de avaliación trimestral. 

Obxectivo: Concienciar á comunidade educativa do uso seguro das TIC como ferramentas de aprendizaxe
Responsable: Coordinador TIC, departamento de orientación, dirección
Indicador/es: Realización de actividades de divulgación e información sobre o uso seguro das TIC como ferramentas de aprendizaxe a toda a comunidade educativa.
Valor de partida: Considéranse insuficientes as actividades realizadas sobre o uso seguro das TIC como ferramentas de aprendizaxe.
Valor previsto e data: Increméntase o número de actividades realizadas sobre o uso seguro das TIC como ferramentas de aprendizaxe para toda a comunidade educativa. Terceiro trimestre.

J. Ramón

Obxectivo: Engade algo relevante
Responsable:
Indicador/es:
Valor de partida:
Valor previsto e data:


Ana

Obxectivo: Mellorar a colaboración coas familias.
Responsable: Titores dos cursos que comezan E-Dixgal e xefatura de estudos.
Indicador/es: Incluír na primeira reunión coas familias un equipo E-Dixgal para informar sobre o mesmo.
Valor de partida: nunca se ten feito.
Valor previsto e data: Punto a tratar na primeira reunión de curso de 5º de primaria. Mes de setembro.


Mar

Obxectivo:   AO1.4: Determinación e numeración de ferramentas de traballo dixitais (online) conxuntas.

Responsable: Grupo de traballo

Indicador/es: Número de ferramentas de traballo dixitais adaptadas por materia.
Valor de partida: Cero ferramentas de traballo dixitais (online).
Valor previsto e data: 3 ferramentas de traballo dixitais por materia como mínimo. (Primeiro trimestre).

--------------x--------------------x----------------------x--------------------------x-------------------x-------

Obxectivo:  AO1.5: Publicación de ferramentas de traballo online.

ResponsableGrupo de traballo
Indicador/es: Número de ferramentas de traballo dixitais adaptadas por materia.
Valor de partidaCero ferramentas de traballo dixitais (online).
Valor previsto e data: 3 ferramentas de traballo dixitais por materia como mínimo. (Primeiro trimestre).

--------------------x---------------------------x------------------------x------------------------x---------------


Teresa

Obxectivo: Repoñer certos equipos informáticos nas aulas.
Responsable: Dirección e administración educativa.
Indicador/es: Existen aulas con algúns equipos que non funcionan ou están obsoletos: PC, teclados,..
Valor de partida: número de equipos que precisan renovación.
Valor previsto e data: Cero equipos que precisen renovación. Primeiro trimestre.

Obxectivo: Impulsar a creación da Anpa
Responsable: Equipo directivo e Departamento de Orientación
Indicador/es: Informar e motivar ás familias para a creación da Anpa
Valor de partida: Non hai Anpa
Valor previsto e data: Que haxa unha Ampa no centro. Curso 22-23

Obxectivo: Impulsar colaboracións con outros centros e entidades externas
Responsable: Equipo directivo e xefaturas de departamento
Indicador/es: Promover a participación de profesorado e alumnado en actividades nas que se desenvolvan habilidades relacionadas co uso das TIC  e nas que se colabore con outros centros ou entidades externas
Valor de partida: ?
Valor previsto e data: Realízase unha actividade específica por departamento ou interdisciplinar por nivel. Curso 2022-2023

Obxectivo: Ampliar o soporte técnico
Responsable: Equipo directivo
Indicador/es: Contratar soporte técnico informático externo que de apoio ao coordinador TIC e acuda con certa periodicidade ao centro.
Valor de partida: ?
Valor previsto e data: Que haxa un soporte con periodicidade no centro. Primeiro trimestre.

Obxectivo: Proporcionar ao profesorado o equipamento( hardware) necesario para impartir clases online.
Responsable: Dirección e administración educativa.
Indicador/es: Número de dispositivos necesarios para crear contidos e compartilos co alumnado na aula virtual do centro.
Valor de partida: ?
Valor previsto e data: Os dispositivos precisos para tal fin. Primeiro trimestre.


Miguel

Obxectivo: Engade algo relevante
Responsable:
Indicador/es:
Valor de partida:
Valor previsto e data:


Lidia

Obxectivo: Mellorar o uso axeitado dos medios e dispositivos dixitais por parte do alumnado.
Responsable: profesorado e equipo directivo.
Indicador/es: promover o desenvolvemento de actividades sobre o uso seguro das ferramentas dixitais.
Valor de partida: realízanse algunhas charlas sobre o uso das TIC dentro do Plan director.
Valor previsto e data: uso seguro por parte de todo o alumnado desde 5º de Primaria. Primeiro trimestre do curso.

Obxectivo: Renovar os equipos informáticos da aula.
Responsable: coordinador TIC, equipo directivo e administración educativa.
Indicador: correcto funcionamento de todos os equipos do centro.
Valor de partida: algúns equipos funcionan moi lentamente.
Valor previsto e data: dispor dun equipo por aula que funcione correctamente. Primeiro trimestre do curso.


Accións a desenvolver para acadar cada obxectivo proposto [editar]