Caxado

Unha néboa espesa
íase adentrando na casa,
no corpo, nunha.
Era o inverno zocho-
os animás perdíanse
vagando nos camiños,
cuns ollos de lume acceso.

Medos Romero, Lenzo das madrugadas




Inmaculado

A neve cubríao todo,
polos petoutos, no val.
Neve até as inguas de neve.
Ao carón do lume estalaba
aquel silencio de folerpas.
A noite ía caendo nunha,
callada e intrasitábel.

Medos Romero, Lenzo das madrugadas
Última modificación: martes, 6 de setembro de 2016, 4:20 PM