1. Banco de preguntas e cuestionarios

O banco de preguntas

O banco de preguntas é un lugar onde ter ordenadas as preguntas que despois podemos introducir nos cuestionarios. Dentro do banco de preguntas podemos crear diferentes categorías; por exemplo, se son profesora de Matemáticas quizais me interese ter unha categoría de Matemáticas de 1º da ESO, outra de segundo, ou incluso por temas: unidade 1, unidade 2... Os bancos de preguntas poden exportarse e importarse, polo que cada curso podemos facer unha copia e retomala o curso seguinte. Cando queiramos crear un cuestionario só teremos que ir engadindo preguntas dende o banco de preguntas.

No seguinte vídeo tes información sobre como traballar cos bancos de preguntas e como crear cuestionarios. Mírao detidamente antes de pasar a facer as tarefas deste módulo.






Agora que xa sabemos como configurar o banco de preguntas, crear categorías e preguntas, preme aquí para ver algunhas das opcións de configuración das probas en Moodle.
Última modificación: Venres, 11 de Marzo de 2022, 12:01