Enquisas en Moodle: crear e configurar
Crear unha enquista e configurar enquisas en Moodle
As enquisas (na versión en galego de Moodle esta opción chámase Comentarios) empréganse para recoller información das persoas participantes no curso; son moi útiles para realizar a avaliación do noso labor docente ou realizar avaliacións iniciais globais.
A diferencia das probas, a enquisa non é avaliable/calificable en Moodle, xa que o obxectivo da mesma é recoller información.
Nas enquisas os tipos de preguntas dispoñibles son a escolla múltiple, si/non e a escritura de texto. Podemos empregar esta ultima opción para recoller opinións e suxestións, por exemplo.
Os resultados poden ser anónimos ou non e os resultados poden presentarse aos participantes ou ben estar só dispoñibles para o docente. No vídeo podes ver todas estas opcións de configuración.
Imaxe 1. Captura de pantalla da plataforma Moodle coa información sobre a actividade Comentarios (enquisas).
Video 1. Vídeo da Universidade Rey Juan Carlos que explica como crear e configurar unha enquisa en Moodle.