Para obter a cualificación final de curso farase a media das cualificacións obtidas na 1ª e 2ª avaliación: 50% - 50%.

As tarefas de reforzo, recuperación e ampliación de aprendizaxe realizadas dende a declaración do estado de alarma polo Real Decreto 463/2020 serán tidas en conta na avaliación do alumnado sempre e cando beneficien ao mesmo. Neste sentido, o traballo do alumnado durante a fase non presencial do curso poderá aumentar a nota media ata un máximo de un punto.

Recuperación de avaliacións suspensas: O alumnado deberá realizar e entregar no prazo indicado as actividades de recuperación propostas na Aula Virtual durante a fase non presencial, que se valorarán até un máximo de 5 puntos. No caso de que se podan realizar actividades presenciais valorarase a posibilidade de facer algunha proba teórica e práctica dos contidos vistos ata o decreto do estado de alarma, pero esta posibilidade dependerá da evolución da pandemia e das directrices de Sanidade ao respecto.

Para superar a materia hai que obter como mínimo un 5.

Última modificación: martes, 12 de maio de 2020, 17:12