Cualificar tarefas en Moodle

Ademais da cualificación directa simple, Moodle ofrece dúas formas de cualificación avanzada das tarefas: as rúbricas e as guías de cualificación. Estas opcións habilítanse para unha tarefa na configuración das tarefas do seguinte xeito:

  1. Na configuración da tarefa, foro, etc., na sección Cualificación, no menú Método cualificación, escolleremos rúbrica ou guía de cualificación.
  2. Lembra que debemos seleccionar a cualificación máxima da tarefa, por exemplo, 10 puntos.
  3. Garda a configuración. Agora temos habilitada unha rúbrica ou unha guía de corrección.

Ao gardar a tarefa aparecerá a opción de editar a rúbrica. De non ser así, ou ben se queremos configurala máis tarde, podemos acceder á edición da rúbrica ou guía de corrección dende a páxina resumo da tarefa, en configuración, facendo clic en configuración avanzada.


 

Vídeo 1. Configurar unha rúbrica como método de cualificación

 

 

Video 2. Editar e modificar unha rúbrica.

Unha vez establecidos os criterios e niveis podemos seleccionar diferentes formas de visualización da rúbrica e decidir, por exemplo, se queremos que o alumnado poida ver a rúbrica de corrección na tarefa.

Opcións de configuración da rúbrica

Imaxe 1. Opcións de configuración das rúbricas.

Diferencia entre rúbrica e guía de corrección.

As rúbricas. Trátase dunha forma de cualificación avanzada baseada en criterios para os que se definen diferentes niveis de desempeño que son descritos e asociados a unha cualificación numérica. Nós como avaliadores debemos elixir o nivel máis axeitado para cada criterio e a cualificación final resulta da suma de todas as cualificacións. Moodle permite penalizar con valores negativos, por exemplo, unha entrega fóra de prazo.

As guías de corrección son un método de corrección avanzado no que o profesorado establece uns comentarios predefinidos para os criterios. Mediante este método proporcionamos ao alumnado unha descripción dos criterios que teremos en conta para corrixir a tarefa, así como a puntuación máxima para cada criterio. A diferencia da rúbrica, na guía de corrección o profesorado pon a nota para cada criterio manualmente, baseándose na descrición do criterio. 

Este método de cualificación tamén permite establecer para cada criterio indicacións para o profesorado, así como predefinir uns comentarios (por exemplo: "ben feito", "debes revisar a ortografía", "faltan preguntas por contestar"...) que poden axilizar o feedback durante o proceso de cualificación.

Configurar unha guía de corrección

Imaxe 2. Configurar unha guía de corrección.

A configuración das rúbricas en detalle

A configuración das guías de corrección en detalle


Última modificación: martes, 8 de marzo de 2022, 19:24