Tarefa 3.1. Configura o cualificador en Moodle

O obxectivo desta tarefa é coñecer as opcións de configuración do libro de cualificacións de Moodle. Para isto, na aula de prácticas crearemos dúas categorías de cualificación e un elemento de cualificación. Pasos a seguir para completar a tarefa:

1. Accede ao libro de  cualificacións dende o menú da esquerda.

2. No despregable selecciona Axustes do libro de cualificacións.

3. Crea dúas categorías de cualificación coas seguintes especificacións:

a) nome: exames na aula_NOME APELIDO. Agregación media ponderada simple de cualificacións. Tipo de cualificación valor. Puntuación máxima 10 puntos
b) nome: tarefas aula virtual_NOME APELIDO. Agregación media ponderada simple de cualificacións. Tipo de cualificación valor. Puntuación máxima 10 puntos. Ponderación axustada 20.

4. Crea un elemento de cualificación co nome participación_NOME APELIDO

5. Engade o elemento de cualificación á categoría exames na aula.

5. Envía a tarefa indicando que xa realizaches a tarefa 3.1.