Esquema de temas
-
E cazarémo-la vela
sobre o torso rebelde das tormentas
pra trincar a escota dunha ilusión.
Manuel Antonio, "Intencións" en De catro a catro
Este espazo nace para acoller os traballos poéticos (ou cando menos unha parte) realizados ao longo do curso 2018/2019 e 2019/2020 polo alumnado de 1º, 2, 3º e 4 de ESO na materia de Lingua Galega e Literatura. É un noso cartafol do que esperamos non perder as follas coma acontecía no poema de Manuel Antonio. Iniciamos pois a nosa viaxe e por iso escollemos unha fotografía do paquebote Constantino Candeira, no que navegou Manuel Antonio e un cartel das bibliotecas escolares para ilustrala. Un curso de poéticas diversas!
-
O noso periplo polo Plan Proxecta deixou un ronsel de poemas cando menos nas aulas de 1º e 3º de secundaria.
"Pretendo hoxe dar a palabra ás voces que terman da paisaxe galega. Escoitar tanto as da materia prima, en linguaxe científica, coma as da ollada literaria."
Marilar Aleixandre, Voces termando da paisaxe galega.
-
Estes sons algúns dos poemas deste curso... Diverpoesansatízate!
Tatiana Yablonska
-
Enlaces e recursos sobre poesía na nosa web.