Esquema de temas
Xeral
Tema 1
Domingo Fontán unha biografía que coincide con tempos convulsos. De Carlos IV á Gloriosa
Tarefa
Analiza esta liña do tempo e comenta alomenos tres feitos históricos que consideres importantes, relacionalos coa vida de Fontán e comenta a súa importancia (mínimo 10 liñas)Tarefa
Os Franceses invaden Portas, lugar de nacemento de Fontán
Cando as tropas napoleónicas invadiron Galicia, en 1809 (recórdese que a Guerra da Independencia comezou o dous de maio de 1808), conta González Zúñiga na "Historia de Pontevedra" que "en su tránsito por estos pueblos no hicieron otra cosa que llevar a todos ellos y a los comarcanos la desolación, el hombre y la miseria; pues robando a los paisanos sus granos, forrajes y ganado, pusieron a todo el país en la mayor consternación, produciendo entre sus naturales una alarma general".
Caldas de Reis e todos os pobos e aldeas limítrofes, incluído Portas, pasado o susto e a sorpresa dos primeiros momentos, reaccionaron con indignación e heroísmo ante os atropelos dos franceses, sentindo arder nos seus corazóns esa inextinguible chama do amor patrio, que se avivou sempre que de defender se trata a terra en que por vez primeira viron a luz.
A loita foi cruenta e longa. Os franceses incendiaban todo aquelo que encontraban ó seu paso. O Arquivo parroquial de Portas, ó igual que outras moitas igrexas e monumentos das inmediacións, foron pasto das chamas, de aquí que non se conserve a partida de bautismo de Domingo Fontán.
Os veciños de Portas que atoparon a morte heroicamente loitando en defensa do seu terruño, de Galicia e de España, foron os que seguen: Paulo Rodríguez, José Antonio Alonso, Martín Magariños, Alberto Martínez, Pedro de Barreiro, Manuel Buños, Gregorio Cachafeiro, Domingo Buceta, Juan de Barreiro.
Cuestións:
1.- A que episodio histórico se refire o texto. Explica as razóns de dita invasión. Cando e como empezou en Galicia
2.- Que exércitos loitaron en Galicia. Peculiaridades desta guerra aqui. Organización dos exercitos
3.- Busca información da guerra de independencia na comarca (ata A Coruña vale) e explica algún feito suliñable.
4.- Que pasou despois desta guerra? Como enraizou o liberalismo en Galicia?
5.- Busca información sobre a ideoloxía politica de Fontán e comentalaO pronunciamento de Riego (1820), O liberalismo ao poder (1820-23)
Tarefa:
1.-Despois de analizar o video resume o que pedían os liberais de 1820, ¿Como rematou o Trienio liberal?
2.-Domingo Fontán foi denunciado por liberal en 1814, sendo absolto por sentencia dictada pola Audiencia Provincial de Galicia.¿Cal foi a ideoloxía dos liberais? Resumela en tres ou catro liñas
3.- Tamén foi elexido diputado polo Partido Liberal en 1837, ocupando este posto hasta 1843, como dipotado Fontán loitou pola defensa de Galicia, sobre todo na abolición dos foros e na loita contra o caciquismo e propiciou o desenvolvemento do ferrocarril en Galicia. ¿Quen estaba no poder nese periodo? ¿Que problema prantexaban os foros e o caciquismo en Galicia? ¿Cando chegou o ferrocarril a Galicia e que diferencias supuxo no trazado das vias de comunicación e na industria do pais?
4.- A Carta de Fontán foi o primeiro mapa topográfico científico de España, é consecuencia de moitisimos estudios seguindo o espíritu da ILUSTRACIÓN. Explica porque a filosofía da Ilustración influiu na ambición e as ganas de estudiar de Fontán.
Tema 2
Tema 3
Tema 4
Tema 5
Tema 6
Tema 7
Tema 8
Tema 9
Tema 10