Skip to Content

Benvida

Benvidos ao novo sitio de Webs dinámicas!

Sitio web do CPI Plurilingüe de RODEIRO.

Rúa B, 14 36.530 RODEIRO (Pontevedra)

Tel./Fax: 986-79.00.28

correo electrónico: cpi.rodeiro@edu.xunta.es

OBRADOIRO SOBRE AS EMOCIÓNS "CONTA CON NÓS"

martes 18 de novembro o alumnado de 4º e 5º de Educacion Primaria realizaron un obradoiro onde traballaron as emocións e distintas técnicas para xestionalas.

OBRADOIRO SOBRE AS EMOCIÓNS "CONTA CON NÓS"

CELEBRANDO O SAMAÍN.

 

O pasado 30 de novembro, con motivo da celebración da festividade de Samaín, algo fantástico aconteceu no CPI Plurilingüe de Rodeiro, unha das nosas aulas foi invadida por pantasmas, morcegos, mouchos e cabazas. Grazas á colaboración das familias e do alumnado, aportando materiais, os mestres e mestras puidemos recrear e levar a cabo a “AULA DO SAMAÍN”, onde os nenos e nenas do noso centro pasaron unha xornada divertida, á par que terrorífica.  

A continuación deixámosvos un par de imaxes para que poidades observar o traballo realizado.

 

OBRADOIRO SOBRE O CÓMIC.

O martes 29 de outubro visitou o noso centro o ilustrador e debuxante Alberto Guitián, onde realizou co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º da ESO un obradoiro sobre o cómic. 

OBRADOIRO SOBRE O CÓMIC.

CONFERENCIA SOBRE MEDICAMENTOS PERSONALIZADOS.

18 de outubro a catedrática da USC na facultade de Farmacia e directora de IMATUS, impartiu no centro unha conferencia ao alumnado de 3º e 4º da ESO sobre medicamentos personalizados. Durante a exposición traballáronse diversos temas, como por exemplo, que se emprega o perfil xenético das persoas para guiar as decisións tomadas en relación coa prevención, diagnóstico e tratamento de diversas enfermidades. 

CONFERENCIA SOBRE MEDICAMENTOS PERSONALIZADOS.
Distribuir contido


by Dr. Radut