Skip to Content

10. AS PLANTAS

(ACTIVIDADES NO ARQUIVO ADXUNTO)

PARTES DA PLANTA

 

RAIZ:

 Ten a función de suxeitar a planta. Normalmente están debaixo da terra para absorber auga e outras substancias. Hai raíces "especiais" que acumulan alimento para que a planta medre, por exemplo os nabos, cenorias ou remolachas.

 

TALO:

 Sostén a planta dereita e transporta os nutrintes por toda a planta. Pode dividirse en ramas.

          - Talos leñosos: duros e ríxidos, nas árbores é o tronco.

          - Talos herbáceos: finos e brandos.

 Tamén hai talos especiais, coma as patacas que son talos engrosados debaixo da terra.

FOLLAS:

 Saen do talo ou das ramas, son de cor verde e é alí onde se fabrica o alimento.

Hai árbores de folla caduca, coma o carballo, que no outono perde as follas, no inverno queda espido e na primavera vólvenlle a saír. Outras son de folla perenne, coma o piñeiro cambian as follas pouco a pouco e nunca quedan espidas.

 Partes da folla:

 Podemos clasificar as plantas pola forma das súas follas, segundo o bordo (lisa, dentada...) e segundo a forma (redondeada, ovalada, agulla, triangular...).

 

 

CLASIFICACIÓN DAS PLANTAS

Dous grandes grupos:

- Plantas con flores:

Reprodúcense por sementes, na primavera ou no verán saenlle flores.

As ANXIOSPERMAS, producen flores máis ou menos vistosas que máis tarde se transforman en froitos que teñen as sementes dentro. Son moi variadas e de moitos tamaños, dende unha roseira, o trigo ou un castiñeiro, por exemplo.

As XIMNOSPERMAS, producen sementes dentro de pinas (piñeiro, teixo, ciprés...).

- Plantas sen flores:

Non producen flores nin sementes, hai dous grupos principais, os MUSGOS e os FENTOS.

 

ACTIVIDADES NO ARQUIVO ADXUNTO.

AdjuntoTamaño
as plantas.odt6.19 MB


book | by Dr. Radut