Skip to Content

* Explicación traslado Casa do Concello Láncara.

 

A casa do concello de Láncara variou de localización ao longo da súa historia.

A capitalidade atopábase en Láncara, e a casa do Concello en Carracedo.

En 1950 A Pobra de San Xiao era xa case unha vila grazas ao desenrolo do ferrocarril, comunicacións, feiras...

Impulsados por "Carril de S. Xoán de Muro", un terratenente de moi preto da Pobra, que tiña irmáns e fillos curas, e máis xente influínte na familia, e polo da "Casa Grande" da Pobra (dos Quiroga), fixeron todos os trámites rapidamente. Desta maneira a capitalidade e a sede do concello pasaron para a Pobra da noite para a mañá.

Pouco tempo despois entrou de alcalde Osorio, que tiña terras e intereses na zona de Láncara, sacou o concello da Pobra e devolveuno a Láncara.

Empezou así un "tira e afrouxa" entre as dúas localidades.

Cando parecía xa definitivo o traslado á Pobra organizouse en Láncara un movemento de resistencia veciñal contra o traslado. Organizáronse por quendas veciños das aldeas próximas como Outeiro e Toirán e máis afastadas como Cedrón, e decidiron impedir o traslado físico do concello (mobiliario, expedientes…).

Cando apareceu un camión para o traslado acompañado dun piquete da Garda Civil lograron impedilo sentándose todos ás portas do edificio e cortando o acceso. Mantiveron esta situación cun sistema  de avisos chamando coas campás. Pero a Garda Civil volveu con reforzos procedentes de Sarria e varios vehículos. Empregáronse fondo, e a base de golpes e culatazos das armas, detiveron os homes e dispersaron as mulleres.

Finalmente levaron nun camión os enseres do edificio do concello e noutro os detidos. Polo camiño moitos saltaron da caixa e escaparon, os outros ó chegar á Pobra soltáronos sen cargos, pero a capitalidade e o emprazamento do edificio do concello quedaron na Pobra desde aquel abril de 1958.

Información:

http://www.xente.mundo-r.com/valdoneira/historia/histtraslconcla.htm

 



book | by Dr. Radut