CPI de Pontecesures
Avelino Pousa Antelo, nº 2, 36640 PONTECESURES
Teléfono: 886151501
Fax: 886151510
Correo electrónico: cpi.pontecesures@edu.xunta.gal
CPI de Pontecesures
Avelino Pousa Antelo, nº 2, 36640 PONTECESURES
Teléfono: 886151501
Fax: 886151510
Correo electrónico: cpi.pontecesures@edu.xunta.gal
Ante o repunte de contaxios no noso concello e arredores, e valorando o bo traballo realizado ata o de agora polo alumnado, familias, profesorado e demáis persoal da comunidade educativa, queremos lembrar, no comezo deste 2º trimestre, aquelas normas básicas obrigatorias de actuación ante a COVID-19 para seguir sendo un exemplo de actuación.
Medir a temperatura antes de saír da casa (comproba se tes síntomas e queda na casa ante o menor indicio de enfermidade)
Manter unha boa hixiene de Mans (emprega auga e xabón, e/ou xel hidroalcólico)
Empregar a Máscara(colócaa correctamente, tapando boca e nariz e recorda comprobar que cumpra a normativa vixente)
Respectar os Metros de distancia social (mantén a distancia nas entradas e saídas, nas aulas, nos corredores e nos recreos)
Ante calquera sospeita de contaxio queda na casa, chama ao teu Médico e ao centro escolar (comunicalo é fundamental para facilitar o traballo dos servizos implicados)
A confidencialidade está garantida pero necesitamos da túa responsabilidade e implicación para parar esta pandemia.
Está nas túas mans!
Portal Volta segura ás aulas, da Consellería de Educación.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
AUTOENQUISA.pdf | 47.36 KB |
Medidas_proteccion_individual.pdf | 538.88 KB |