Fondo solidario de libros de texto 2024/2025

Están publicadas no centro as listaxes provisionais do fondo solidario de texto para 3º e 4º de primaria do vindeiro curso 2024/2025. Asimesmo, pódense consultar na aplicación Fondolibros, á que poden acceder con certificado electrónico ou chave 365, no menú cidadán. Pódense facer reclamacións ata o vindeiro luns. A listaxe definitiva publicarase o mércores e desde ese día poderánse recoller os vales para axuda de libros e material ata o día 24 de xullo. 

Comedor - Corrección de erros

Na seguinte ligazón pódese ver a corrección de erros nas instruccións de comedores escolares 1 e 2 de 2024 (xestión directa e indirecta) en relación coa unidade familiar.

Libros de texto 2024/2025

Publícase a relación de libros de texto para o vindeiro curso 2024/2025. Pódense ver clicando na imaxe.

Comedor 2024/25

A dirección do CPI Ponte Carreira INFORMA QUE:

  • Todo o alumnado, escolarizado neste centro para o curso 2024/2025, que desexe facer uso do servizo de comedor escolar ten que solicitar a condición de usuario, para o que deberán entregar no centro o ANEXO II, que se lle proporcionará ao alumnado, debidamente cuberto do 20 de xuño ao 10 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 no centro (o día 1 de xullo tamén horario de tarde de 18:30 a 20:30h.)Máis información aquí. Instrución 1/2024 completa aquí.

Fondo solidario de libros de texto 2024/25

Orde do 7 de maio de 2024 que regula a participación no fondo solidario e na adquisición de libros de texto e material escolar está publicada no DOG do 20 de maio de 2024 e as instrucións ao respecto están no portal educativo. Nos seguintes documentos pódese consultar toda a información relevante:

O OBRADOIRO CAB VISITA O PONTE!!!

Hoxe, 26 de abril 2024, o CAB OBRADOIRO está no COLE!!!

Logo da nosa participación no concurso de debuxo infantil "Todos Xuntos co Obra" (e de resultar gañadores en dúas das categorías e con finalistas en todas elas) non podíamos ter mellor premio que a visita de Moncho Fernández, Artem Pustovyi, Jordan Howard e Rubén Guerrero no cole. Comemoramos tamén o día da infantia no deporte e vivimos unha rolda de prensa en directo e mesmo poidemos facer preguntas.

Queres revivir o momento, momentos, connosco? Preme na imaxe e verás.

(

Admisión e matrícula do alumnado. 2024/2025

Pódese descargar o modelo normalizado de solicitude de admisión no seguinte enlace:

 

GALA NADAL 2023

Queres ver as nosas actuación da Gala de Nadal o pasado 21 de decembro do 2023? Non tes máis que premer na imaxe para velas

 

Fondo solidario de libros de texto 2023/2024

Están publicadas no centro as listaxes correspondentes ao reparto de libros de texto de 3º e 4º de primaria para o vindeiro curso 2023/2024. Tamén se poden recoller os vales correspondentes ás axudas para adquirir libros e material escolar. Recordamos que o horario de atención no centro é de 10 a 13 horas, ata o día 28 de xullo. 

Powered by Drupal - Design by artinet