Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, realizaouse unha exposición sobre a vida e obra de Luísa Villalta, escritora homenaxeada este ano. Ademais, o alumnado da ESO creou caligramas a partir de distintos poemas da autora coruñesa. Estes traballos expuxéronse na biblioteca.
O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada cada 23 de abril a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.
No CPI Pecalama xa estamos a conmemorar este día con recomendacións, por parte do alumnado, de diversos libros para poder gozar da lectura.
O xoves 11 de abril, e encadrada nos actos pola celebración do Dia do Libro, acuidiu ao centro o escritor Héctor Cajaraville, onde impartiu unha charla ao alumnado da ESO, asinando tamén os libros que estes posúen deste estupendo autor.
O venrtes 23 de febreiro acudiu ao centro unha contacontos para narrar a fermosa historia de "A marabillosa viaxe de Ping Pingona". Esta actividade foi ofertada pola Deputación da Coruña e xestionada a través do Concello de Tordoia, ao cal agradecemos a súa disposición
Facede clic na imaxe para ver as fotos da actividade
E rematou o prazo de votación!! E a mellor canción da listaxe "Rosalía para o mundo... pasando por Tordoia" é...
TEMOS UN EMPATE!!!
Cunha porcentaxe do 15.7%, as gañadoras do concurso son:
“Adios ríos, adios fontes”, interpretada por Escuchando Elefantes e Amancio Prada.
“Negra sombra”, interpretada por Luz Casal (un clásico!!). Aquí vos deixamos unha interpretación en directo coa marabillosa Real Filharmonía de Galicia.
E, aínda que a votación xa rematou, podedes seguir a gozar da listaxe “Rosalía para o mundo... pasando por Tordoia” en Spotify
O pasado martes o EDL organizou unha actividade para todo o alumnado de Infantil, Primaria e alumnado de 1º ESO. Puideron gozar dunha fantástica representación teatral de monicreques da man da compañía “Cachirulo”. E que ben o pasaron!!!
A compañía realizou unha adaptación para monicreques da obra de D. Ramón María del Valle-Inclán, La cabeza del dragón. Nela, o príncipe Verdemar é desterrado do seu fogar e, coa axuda dun trasgo falcatrueiro, terá que loitar contra bandoleiros e mesmo contra o terrible dragón que ten cativa a filla do Rei Micomicón para poder retornar triunfante á casa.
Preme na seguinte imaxe para ver máis ...
E aquí vos deixamos un par de fragmentiños da obra!!
Con motivo da conmemoración do Día do Libro, que se festexa o 23 de abril, Paula Fraga e Anxo Cancela, alumnado de 2º ESO recoméndanche os seguintes libros!!
Botádelle unha ollada, que paga a pena!!! E lembra, unha nena ou un neno que le, será unha persoa adulta que pensa!!
Paula Fraga recomendando "Cidade átomo"
Anxo Cancela recomendando "O neno do pixame de raias"
O martes 18 de abril, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria preparou contos para lerlle, en dúas quendas, ao alumnado máis pequeno de primaria e ao alumnado de infantil no patio cuberto.
(Premendo na imaxe inferior accédese ás fotos da xornada)
Entrega de premios ás gañadoras do III Concurso de Poesía do CPI Pecalama
Parabéns a Aroa Rodríguez Iglesias (3º ESO) como gañadora do concurso de poesía en castelán e a Olalla Sánchez Couselo (1º ESO) como gañadora do concurso de poesía en galego!!!
A continuación tedes os textos e o recitado das poesías gañadoras.
(poesía elaborada por Olalla)
(poesía recitada por Thony)
(poesía elaborada por Aroa)
(poesía recitada por Jesús Otero)
Se queredes ver as fotos da entrega, premede na seguinte imaxe
O pasado mércores o xurado, que valorou as esopías creadas polo estudantado de 3º e 4º de ESO, desvelou as persoas gañadoras. Foi unha tarefa ben complicada!
Aquí están a piques de descubrir o seu agasallo! Moitos parabéns a Paula Ferradás (4º ESO), Aroa Rodríguez (3º ESO) e Ricardo Bello (4º ESO)!!! (se queres saber cal foi o seu agasallo, preme na foto)
E aquí vos deixamos os textos e o recitado das esopías, momento en que se descobren as persoas gañadoras!!
(esopía elaborada por Paula Ferradás)
(esopía recitada por Anxo Liñares)
(esopía elaborada por Aroa Rodríguez)
(esopía recitada por Jesús Otero)
(esopía elaborada por Ricardo Bello)
(esopía recitada por Iago Rey)
E moitísimas grazas a todo o alumnado participante de 3º e 4º de ESO!!! Que tamén tiveron o seu agasallo!
"Darío a diario" de Xela Arias é un libro de poemas adicado ao seu fillo. En palabras da propia poeta: "Darío a diario" non naceu coa vocación de ser o que hoxe é: un libro encadernado e público. Foi, no seu principio, a necesidade imperiosa de explicarlle ao meu fillo o manifesto íntimo e interno de intencións maternas nas que el mesmo, polo feito de existir, me obrigaba a moverme; o compendio de contradicións que a maternidade me provoca".
O profesorado e alumnado de EI e EP, homenaxeando á escritora e a dita obra, realizaron unhas poesías adicadas aos seus nenos/as: fillos/as, primos/as, irmáns/ás...
Xa case era tradición realizar apadriñamentos lectores na escola para conmemorar o Día do Libro. Maiores e pequenos, xuntos, gozando da lectura…
Este curso, por mor da Covid, non podemos realizalos de xeito presencial. Pero aínda así, non quixemos deixar pasar a oportunidade de disfrutar dos contos! Velaquí os que escolleu o alumnado para esta data. Agardamos que vos gusten!
O 24 de febreiro está recollido no Calendario do Libro e a Lectura, publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, coma o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Cada ano son máis as institucións que se suman á celebración do DÍA DE ROSALÍA, entre elas as bibliotecas escolares promovendo actvidades que achegan ao alumnado a súa vida e obra.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convídanos a festexalo neste 2021 baixo o lema “Teus doces cantares”.
Preme na imaxe do libro “Os bolechas: as miñas primeiras Letras Galegas” e
O venres 13 de abril os nenos e nenas de 5º, 6º de Primaria, 1º e 2º da ESO asistiron na Aula de Cultura de Ordes a representación teatral "Leonardo e os fontaneiros", baseada no libro do mesmo título da escritora María Victoria Moreno.
Para celebrar o día das Letras Galegas, adicado a María Victoria Moreno, expuxemos no centro unha pequena mostra da obra da escritora homenaxeada.
Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria fixeron unha peqeuna representación teatral da obra "A festa no faiado".
A finais de marzo expúxose na aula de cultura do concello de Tordoia unha mostra de xogos, xoguetes e decorados elaborados con materiais de refugallo (oveiras, caixas de cartóns, tapóns, tubos de papel hixiénico, vasos de plástico,...). Participaron nesta actividade os alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria.
Para celebrar o día da paz os nenos e nenas de Infantil e Primaria engalonaron o corredor do colexio con pombas portadoras de "verbas pola paz". O día 30 celebramos esta conmemoración cun acto no que os alumnos/as leron mensaxes de paz en prol da convivencia pacífica. Rematamos esta celebración bailando ao son da canción "Campás pola paz" do grupo Migallas.
Neste curso desenvolveremos no centro o proxecto "Reciclando creamos os nosos xoguetes". Este proxecto de fabricación de xoguetes con material de refugallo e material que nos ofrece a contorna natural ten como obxectivo incentivar a capacidade creadora e colaborativa dos nenos e nenas asi como concienciar da importancia de coidar o medio ambiente.
Os nenos e nenas de Infantil amósannos como facer unha casiña de bonecas cunha caixa de cartón e uns divertidos monstros de Frankenstein.
Se queres ver máis fotos de como elaboramos estes xoguetes, pica aquí ou en calquera das fotos.
Este ano, como os anteriores, o 31 de outubro celebramos unha xornada dedicada ao Samaín.
Co fin de lembrar as tradicións populares ligadas a esta data, o Equipo de Dinamización Lingüística propón un ano máis o CONCURSO DE CABAZAS. Pedimos a colaboración de todos para a decoración e transformación das mesmas.
A recollida de CABAZAS será dende o día 26 ata o 30 de outubro. Pregamos que veña co nome e o curso.
Animádevos a participar! As mellores levarán premio!