Skip to Content

Deportes

Ascenso a Primeira Autonómica cadete

Despois dunha vitoria sobre o SD Villestro B, e a falta de dúas xornadas para o remate da competición ligueira, os cadetes da Escola Deportiva O Dolmen de Tordoia, acadou o ascenso a Primeira Autonómica.

NORABOA CAMPIÓNS!!!

DEPORTISTAS

 

Terceiro posto na I fase provincial de ximnasia rítmica

Este sábado 6 de abril, celebrouse en Santiago a I Fase Provincial de Ximnasia Rítmica nivel Promoción, categoría alevín, onde Lúa e Mencía, xunto co resto do seu equipo, obtiveron un espectacular terceiro posto.

Noraboa polo resultado e o esforzo, e moito ánimo para as seguintes competicións

DEPORTISTAS

 

Campión de liga de División de Honor co Deportivo de La Coruña

O alumno de 4º da ESO Xián Gesto Cancela, vén de proclamarse nesta tempada 2022-23 Campión de liga de División de Honor Galega de cadetes co Deportivo de La Coruña.

MOITOS PARABÉNS!!!

 

DEPORTISTAS

 

Campións da Copa da Costa categoría cadete

O pasado 21 de maio, o alumno de 4º da ESO Fernando Liñares Silveira, proclamouse campión da Copa da Costa en categoría cadete co equipo no que milita, o Xallas F.C., ao impoñerse ao Outes F.C. por 3 a 1. Na seguinte ligazón tedes acceso a información sobre o encontro.

NORABOA!!!

 

DEPORTISTAS

 

Campionato de España de Salvamento e Socorrismo 2023 - Castellón

O fin de semana do 5 ao 7 de maio, celebrouse na Piscina Olímpica Municipal el XI Abierto Internacional – IV Copa de Europa-XXXVII Campeonato de España Juvenil, Júnior y Absoluto de Salvamento y Socorrismo, no que participaron máis de catrocientos deportistas de varios países, entre os que estaban a alumna do centro Paula Ferradás Pallas e a exalumna Andrea Goimil Liñares, compoñentes do Club Salvamento y Socorrismo Carballo-SYSCA. A pesar das dificultades no período de preparación do campionato en forma de lesións, os resultados que tiveron foron espectaculares a nivel individual e en equipo. Tanto é así que na proba de 4x50 metros combinados batiron o récord de España. Na seguinte ligazón pódense ver os resultados que obtiveron as nosas protagonistas.

Na paxina da RFESS (Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo) tedes todos os detalles da citada competición e eo deporte de Salvamente e Socorrismo. Tamén, na sección de medios da mesma federación, están todos os vídeos do campionato, por se queredes ver máis probas.

moitos parabéns!!!

DEPORTISTAS

 

Torneo Interescuelas de Ximnasia Rítmica

O pasado sábado, 18 de xuño, celebrouse en Ourense, no Pazo dos Deportes Paco Paz, a final do Torneo Interescuelas de Ximnasia Rítmica. As nosas alumnas, Mencía Pallas Ríos e Lúa Romero Vázquez, de 2º de Primaria, competiron na categoría Benxamín co clube de Ximnasia Rítmica de Carral. Despois de gañar a Fase Norte no mes de maio, na que participaban clubes das provincias de A Coruña e Lugo, acudiron esta fin de semana á final rexional na cidade de Ourense. Nesta final competían clubes das catro provincias galegas e, despois dunha actuación excepcional, resultaron gañadoras da competición.

Tendo en conta que é o primeiro ano que adestran e compiten, o resultado é extraordinario.

NORABOA MENCÍA E LÚA!!!

Premede nas imaxes para poder velas en grande

E aquí tedes o vídeo da actuación. Desfrutade del!!!

 

Campionato de España de Salvamento e Socorrismo

O fin de semana do 6 ao 8 de maio, celebrouse en Santa Cruz de Tenerife o X Abierto Internacional, III Copa de Europa e XXXVI Campeonato de España de Salvamento e Socorrismo. Á cita acudiron como deportistas dúas alumnas do centro: Andrea Goimil Liñares e Paula Ferradás Pallas, compoñentes do Club Salvamento y Socorrismo Carballo-SYSCA. Os resultados que tiveron foron excelentes, tanto a nivel individual como, de maneira moi destacada, en equipos, onde obtiveron o Campionato de España de relevos 4x50 metros combinados xuvenil feminino, batindo o récord de España.

Na seguinte ligazón pódense ver todos os resultados resaltando o das nosas protagonisatas.

Na paxina da RFESS (Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo) tedes todos os detalles da citada competición, así como información moi ampla sobre o deporte de Salvamente e Socrrismo.

Noraboa ás nosas campioas!!!

Premede nas imaxes para acceder a ver máis fotos do evento

Cuarteto gañador Podio da proba de 4x50 metros combinados

E aquí tedes o vídeo da proba do récord. Desfrutade do emocionante que foi.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut