Skip to Content

Escola de Música de Tordoia e Bellón&Maceiras e Mamá Cabra

O mércores 22 de xuño, no ximnasio do centro, houbo dúas actuacións musicais.

Por un lado, tocaron o piano as nenas da Escola de Música de Tordoia. As actuacións foron as seguintes:

  • Daniela Soneira de 4 anos - "Ode to Joy"
  • Lorena Fariña de 1º - "Le vieux remouleur"
  • Rosa Goimil de 3º - "Canta pájaro, canta""
  • Inés Iglesias de 3º - "Marina""
  • Andrea Lamas de 3º - "Skip to my Lou""
  • Ainara Otero de 3º - "Himno de la alegría""
  • Uxía Gesto de 5º - "Greensleeves""

Se picades na imaxe seguinte, poderedes ver as fotos individuais en grande:

Foto resumo das actuacións

Por outra banda, Bellón&Maceiras e Mamá Cabra presentáronnos o conto "A música das buguinas", a través do cal nos descubriron como soan e como son diferentes instrumentos, ensinándonos a coñecer e amar a nosa música. Picade na imaxe para ver fotos desta marabillosa actuación.

Foto resumo das actuacións

 



page | by Dr. Radut