Skip to Content

Galeano

E-Dixgal

Devolución dos portátiles E-Dixgal do alumnado que non continúe no centro no curso 2022-2023

Neste curso 2021-2022 o CPI de Mosteiro-Meis tivo implantado o proxecto E-Dixgal en 5º e 6º de Educación Primaria e nos catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria. Como parte deste proxecto, o alumnado destes niveis dispuxo dun portátil en réxime de cesión, que deberá devolver no caso de non continuar os seus estudos neste centro no curso 2022-2023. Pola contra, o alumnado que siga no centro no vindeiro curso poderá dispoñer do equipo durante o período estival.

A continuación, achegámoslles os detalles do proceso de devolución.

Cando se pode devolver o portátil?

A devolución dos equipos deberá efectuarse nas seguintes datas:

  • Xoves, 23 de xuño
  • Luns, 27 de xuño

Que elementos hai que entregar?

O alumnado deberá entregar en perfectas condicións os seguintes elementos:

  1. Portátil
  2. Cargador
  3. Maletín
  4. Ademais, a nai, pai ou titor/a legal de cada alumno/a deberá asinar o acordo de recollida que se lle proporcionará despois de revisar o estado do equipo, do cargador e mais do maletín.

Información para as familias sobre o proxecto E-Dixgal

Neste curso 2024-2025 o CPI de Mosteiro-Meis terá implantado o proxecto E-Dixgal en 5º e 6º de Educación Primaria e nos catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria. Isto implica que o alumnado destes niveis dispoñerá dun ordenador persoal e do acceso a contidos dixitais na contorna virtual de aprendizaxe EVA E-Dixgal.

Toda a información referente ao proxecto está dispoñible neste enderezo web. É moi importante que as familias consulten o apartado "Información para as familias", do que cómpre destacas as seguintes cuestións:

Entrega dos equipos

  • O alumnado que se incorpora esta ano ao proxecto (5º de Educación Primaria, 4º de ESO e alumnado novo no centro) recibirá o seu ordenador persoal nos primeiros días do curso, acompañado dun folleto informativo e de dúas copias do acordo de cesión (unha para as familias e outra para o centro).
  • Os ordenadores do alumnado só se poderán levar para a casa unha vez que se entreguen os acordos de cesión correspondentes, asinados pola nai, pai ou titor legal de cada estudande. No caso de non entregar este acordo de cesión, o ordenador asignado poderá empregarse só dentro do centro.

Condicións de uso

No acordo de cesión detállanse as condicións de ás que está sometido o préstamo do ordenador persoal do alumnado, que resumimos a continuación:

  1. O ordenador só se poderá empregar para estudar e realizar tarefas encargadas polo profesorado. Ademais, non poderá cederse a outras persoas.
  2. Non se poden realizar manipulacións no ordenador nin no software instalado nel.
  3. O alumnado debe traer a batería completamente cargada todos os días.
  4. O ordenador devolverase ao rematar o curso e cando o centro o solicite se for necesario.
  5. O ordenador poderá ser inspeccionado en calquera momento para constatar o seu estado.

Resolución de incidencias e seguro opcional

No caso de se producir unha incidencia relacionada co ordenador persoal dos alumnos, deberá notificarse o antes posible ao centro ou ao Soporte Premium. En relación con isto, cómpre ter en conta o seguinte:

  • As avarías debidas a fallos de fabricación estarán cubertas pola garantía dos equipos, polo que a reparación ou reposición non terá custo ningún para as familias.
  • A reparación das avarías non debidas a defectos de fabricación (roturas, intencionadas ou accidentais) deberá ser asumida polas familias, así coma a reposición dos equipos no caso de perda ou roubo.
  • Existe a posibilidade de contratar un seguro opcional que cobre a rotura dos diferentes compoñentes do equipo, cun prezo de 49 € por curso académico. A contratación debe realizarse a través do teléfono 881 505 136.

Desde o centro recomendámoslles ás familias a contratación deste seguro, xa que a reparación dalgúns compoñentes ten un custo moi superior aos 49 € (por exemplo, a reparación dunha pantalla rota pode supoñer uns 400 €).

Se precisan máis información, poden poñerse en contacto co centro ou co Soporte Premium. Neste último caso, o servizo está dispoñible as 24 horas do día, os 7 días da semana, a través das seguintes canles:

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut