Skip to Content

Galeano

Participación nos programas Erasmus+

A internacionalización do CPI Mosteiro-Meis

Todo comezou como unha Iniciativa Oficial parte do traballo social sen ánimo de lucro da Fundación Antón Losada Diéguez rexistrada e autorizada polo Departamento de Educación de España na República de Irlanda. A Fundación viaxou a Meis e reuniuse co CPI Mosteiro-Meis e o Concello de Meis no ano 2015, entregando a Proposta Marco e ofrecendo seus servizos e proxecto Erasmus + ao CPI Mosteiro-Meis. O CPI aceptou a oferta converténdose así no seu Coordinador Xeral no que colabora o Concello de Meis como Entidade Asociada. A Fundación consegue e asina o acordo cos nosos socios no estranxeiro, dá tantos pasos como sexa necesario para o éxito da iniciativa e, xunto co CPI Mosteiro-Meis, escribe as solicitudes felizmente aprobadas pola Axencia Erasmus + en España SEPIE. Dende entón a Fundación Antón Losada Diéguez colabora intensamente co CPI Mosteiro-Meis na coordinación e evolución dos seus proxectos Erasmus + '' Museo do Tempo '' e a súa continuación co actual '' Programa botánico de selección e mellora participativa '' sendo decisiva para a aprobación e éxito de ambas iniciativas. Unha preciosa historia de colaboración sen ánimo de lucro Fundacion-CPI Mosteiro-Meis que exemplifica o verdadeiro valor da Cultura Galega dende o nivel local ata o internacional.

 

Proxecto Erasmus+ "Museo do Tempo"

Proxecto desenvolvido entre 2017 e 2020. Este proxecto forma parte da Obra Social da Fundación Antón Losada Diéguez que coordina conxuntamente co resto dos socios como parte do seu traballo non-profit para a promoción da Cultura Galega

As escolas participantes no proxecto foron Colaiste Iognaid de Galway (Irlanda) e o CPI Mosteiro-Meis. O alumnado creou un banco de recursos dixitais do noso patrimonio cultural e natural, promocionando as nosas linguas vernáculas (galego e gaélico), empregando recursos tecnolóxicos avanzados e aplicando a didáctico do traballo por proxectos. Beneficiáronse dos intercambios en réxime de familia xemelga, tendo unha experiencia de inmersión lingüística auténtica e coñecendo os valores da Unión Europea. O proxecto foi financiado polo programa Erasmus+ da UE. Por todo isto, temos, so nos queda amosar o noso agradecemento a Fundación Antón Losada Diéguez xa que sin o seu apoio e compromiso co proxecto nada disto habería sido posible.

Prema na imaxe para visitar a web do proxecto, onde pode consultar o banco de recursos patrimoniais, e acceder ao blogue coas actividades realizada durante a duración do proxecto.

 

Proxecto Erasmus+ 'Programa botánico de de mejora participativa en la UE

 



page | by Dr. Radut