Galeano
Proceso, documentación a presentar e calendario de matriculación
PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025
Só para o alumnado que se matricula por primeira vez no CPI Mosteiro-Meis e que non presentara a solicitude de reserva no mes de febreiro.
- Presentación de solicitudes de admisión de alumnado do 1 ao 20 de marzo, ámbolos dous incluídos.
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: do 21 de marzo ao 5 de abril.
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: 25 de abril.
- Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 15 de maio.
No seguinte link https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ teñen acceso á normativa e ao aplicativo tanto para a presentación da solicitude por vía electrónica coma para descargar os impresos da solicitude se a queren presentar en formato papel.
Prazas vacantes:
CURSO | NÚMERO DE PRAZAS VACANTES |
1º PRIMARIA | 15 |
2º PRIMARIA | 6 |
3º PRIMARIA | 0 |
4º PRIMARIA | 14 |
5º PRIMARIA | 0 |
6º PRIMARIA | 0 |
1º ESO | 12 |
2º ESO | 15 |
2º ESO | 10 |
4º ESO | 31 |
Matriculación do alumnado
- Formalización da matrícula en educación infantil e primaria:Do 20 de xuño ao 01 de xullo
- Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria: Do 24 de xuño ao 8 de xullo
Para máis información poden preguntar na secretaría do centro.
Información para o alumnado que actualmente curso 4ºESO
Admisión e matriculación de alumnado en centros públicos en Galicia para o curso 2024 - 2025.
- Toda a información sobre proceso de admisión publícase na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Tamén poderá consultarse nos taboleiros dos centros educativos.
- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, en caso de duplicidade de solicitude esta suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (o último día para a renuncia da reserva é o 29 de febreiro).
- No caso de solicitar praza en datas posteriores ao prazo fixado, realizarase na Comisión de Escolarización ou Inspección de Educación Secundaria, no Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
INSTRUCIÓNS PARA A SOLICITUDE EN BACHARELATO
- Podes solicitar praza a través de internet na aplicación informática "admisión alumnado" https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ ou presentando a solicitude cumprimentada no centro.
- Se desexas estudiar bacharelato no teu centro adscrito, para reservar a praza deberás presentar no teu centro ou a través de internet o formulario de solicitude (ED550A).
- Pero se queres pedir praza nun centro diferente debes solicitar a praza a través de internet ou de forma presencial no instituto elexido en primeira opción cun formulario distinto (ED550B). Na solicitude pódense solicitar ata 6 centros por orde de preferencia.
- Amplía información sobre o procedemento de admisión neste enlace.