Skip to Content

Solicitude de admision e formalizacion da matricula

 

Curso 24/25

 

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

  

Calendario que se establece para o proceso de admisión do alumnado:

  • Reserva de praza para un centro adscrito 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.
  • Publicación de postos escolares vacantes, antes do 1 de marzo.
  • Presentación solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo.
  • Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremo ata o 13 de abril.
  • Publicación de listaxes provisionais de admitidos e non admitidos antes do 25 de abril.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos antes do 15 de maio.
  • Formalización de matrícula en Infantil e Primaria do 20 ao 30 de xuño.
  • Formalización da matricula en ESO e Bacharelato do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e Bacharelato do 1 ao 10 de setembro. 

Información Importante

1.- Os Anexos I (reserva de praza nun centro adscrito) e Anexo II (solicitude de admisión) poderanse presentar a través da aplicación informática "admisiónalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Ou a través da Sede Electrónica da Xunta con "certificado dixital" ou "Chave365"

2.- Os alumnos/as que xa están matriculados neste Centro teñen, automáticamente, a reserva feita para o próximo curso.

3.- No caso de solicitar a admisión noutro Centro para o próximo curso deberán facer a solicitude de admisión en dito Centro no prazo establecido a tal efecto e presentar unha copia de dita solicitude nesta Secretaría.

4.- Cada alumno/a só pode presentar una única solicitude no centro no que solicite praza en primer lugar.

5.- O alumnado ten garantía de permanencia nun centro, e se presenta solicitude noutro distinto ao que está, debe comunicalo ao centro de orixe.

6.- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de solicitude de admisión.

7.- Prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

8.- Despois do prazo de admisión publicaranse as distintas listas de admitidos/as, número de prazas ofertadas e datas para a formalización de matrícula, así como calquera outra información necesaria

 

 

 

Formularios de reserva, admisión e formalización de matrícula
 
 Abrir
Solicitude de reserva ANEXO I   
Solicitude de admisión no centro ANEXO II (1 - 20 de marzo)
 
 
 
Formalización da matrícula Educación Infantil e Primaria   
Formalización da matrícula ESO   
Documentación que deberán presentar para formalizar a matrícula  
Ficha médica de ingreso  
Autorización para a publicación de imaxes do alumnado con fins educativos  

 

 



page | by Dr. Radut