Se noutras épocas históricas era a palabra, tanto na súa expresión oral como escrita, a principal forma de expresión e de transmisión de ideas e sentimentos, non cabe dúbida de que na época na que estamos inmersos/as a imaxe cobrou un protagonismo sen precedentes en ningunha outra época da historia da humanidade.
A materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual parte dos bloques impartidos na educación primaria na área de Educación Artística. A parte destinada á educación plástica xa anticipaba os mesmos bloques dos que parte a materia en ESO, baixo as denominacións de "Educación audiovisual", "Debuxo técnico" e "Expresión artística".
Nos tres primeiros cursos da ESO esta materia estrutúrase en tres bloques: "Expresión plástica", "Comunicación audiovisual" e "Debuxo técnico". En cuarto da ESO os bloques nos que se estrutura a materia son: "Expresión plástica", "Debuxo técnico", "Fundamentos do deseño" e "Linguaxe audiovisual e multimedia".

O bloque de "Expresión plástica" experimenta con materiais e técnicas diversas na aprendizaxe do proceso de creación. Inténtase darlle ao alumnado unha maior autonomía na creación de obras persoais, axudando a planificar mellor os pasos na realización de proxectos artísticos, tanto propios coma colectivos.
Analízanse as características da linguaxe audiovisual desde a cal se realiza a análise crítica das imaxes que nos rodean. Faise, tamén, especial fincapé no uso das tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas á imaxe.
No bloque titulado "Debuxo técnico" trasládanse coñecementos teórico-prácticos sobre formas xeométricas e sistemas de representación, e aplícanse estes coñecementos á resolución de problemas e á realización de deseños.

No cuarto curso, considerando a madureza do alumnado e os coñecementos adquiridos, incorpórase o bloque de "Fundamentos do deseño", que vai permitir o coñecemento dos fundamentos do deseño nas súas diferentes áreas, desenvolvendo, desde un punto de vista práctico, os coñecementos adquiridos no resto de bloques.

"Educación Plástica , Visual e Audiovisual" é un instrumento esencial no noso tempo, posto que a maior parte dos estímulos que percibimos na nosa cultura son estímulos visuais ou táctiles que proveñen tanto da natureza como da actividade de creación humana. Ao vivir inmersos nunha cotidianeidade de obxectos, de arquitectura, de deseño gráfico, deseño industrial, imaxes visuais transmitidas por medios como o cine, a televisión, o vídeo, a fotografía, etc...créase unha necesidade evidente de desenvolver nos alumnos capacidades de análise, crítica e apreciación de imaxes que lles permitan asimilar o entorno social e plástico cunha actitude reflexiva. É decir, que se fai necesaria unha educación que lles axude a ter unha visión máis profunda da realidade e non só unha visión sesgada e relativizada da mesma.