Desde o ano 2000, declarado pola UNESCO Ano Mundial das Matemáticas, instituíuse en España a celebración do día 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM).
A data escollida para esta celebración coincide coa do nacemento do insigne matemático Pedro Puig Adam, quen naceu o 12 de maio de 1900 e foi o iniciador da didáctica das matemáticas en España.
A finais do mes de marzo, de non estarmos confinados, montariamos a Cúpula de Leonardo no centro, pero non foi posible... No seu lugar, invitamos o alumnado a montar na casa a Ponte Autoportante de Leonardo.
Imaxe de Core77
A devandita ponte está recollida nun dos seus códices, o Códice Atlanticus (nos folios 69r e 71v). Trátase dunha ponte "ideada tanto para perseguir como para fuxir do inimigo". O feito orixinal desta ponte lixeira en forma de arco é que non requiría cravos, parafusos, cordas nin ningún outro medio para permanecer ergueita. O propio peso dos seus elementos era responsable de mantelos unidos.
Con que material a queres construír? Escolle o que máis che preste!
Espaguetes cortados pola metade
Lapis
Paus de madeira
Pallas de bebidas ás que lles podes facer uns cortes
Calquera outro material que teñas pola casa
Os pasos que debes seguir son os seguintes:
Imaxe de Core77
Como sabedes o proxecto da biblioteca deste ano é “O Río Miño”, seremos capaces de levantar unha ponte que cruce o Miño e que una o concello do Rosal coa veciña Portugal?
Pontes feitas por @bblanc0
Animádevos a facelo! Convertédevos en enxeñeiros ou enxeñeiras por un día!!!
Mandade as vosas fotografías ao seguinte enderezo de correo electrónico
merceds.profe@gmail.com