TRABALLOS DE TALLER 2015-16

4º de ESO:

4ºESO realizou un proxecto que consisitiu na elaboración dunha maqueta do mapa do continente americano sobre o que se reflexou a ruta migratoria do Phalaropus tricolor e que serviu de guía para a elaboración das maquetas de diferentes estruturas repartidas polo continente e seguinto a ruta de migración destas aves. Os proxectos incluiron motores para o movemento de sistemas de poleas con correas , circuito pneumático que permitía a subida e baixada dunha parte dunha maqueta e instalación de circuitos de luces con interruptor e conmutadores.

  Noria de Orlando. Trátase da noria de observación máis alta da costa este de USA.

Floralis genérica. Escultura cedida á cidade de Buenos Aires polo arquitecto argentino Eduardo Catalano.

      

Presa Hoover situada a 48 Km ao sureste de Las Vegas. // Teleférico do Parque nacional Jasper (Alberta, Canadá)

    

Faro de Ushuaia (Arxentina). A máis de 250 Km da cidade de Ushuaia, tamén coñecido como "El faro del fin del mundo"

 

Mina de cobre de “El Salvador” un campamento mineiro da rexión de Tamaca (Chile)

 

Ponte levadiza Cau-Cau na localidade de Valdivia (Chile)

3º de ESO:

 

As actividades prácticas en 3º de ESO consistiron na elaboración dos planos dunha vivenda unifamiliar simple seguindo as directrices de diferentes arquitectos arredor do mundo e a realización da instalación eléctrica básica sobre o propio plano, e a representación sobre papel das  instalacións de auga quente e fría, gas e calefacción así como a elaboración de maquetas en cartón e a escala coa distribución das estancias e mobles e nas que se fixo a instalación de auga, gas e calefacción simulada con palliñas de refrescos. Tamén se realizaron diferentes traballos de investigación relacionados cos temas que se ian impartindo como o tema de enerxías renovables para o cal fixeron presentación por grupos e exposición oral.

  

2º de ESO:

 

Estes traballos consistiron  na construción de  maquetas de  diferentes  escenas da película “El viaje de Chihiro” de acordo co tema anual do Proxecto de Centro sobre as viaxes (Mundododro) segundo a elección do propio alumno/a no primeiro trimestre, coa colocación dun pequeno motor de corrente continua no segundo  e ó que se lle incluiu un sistema de alumbrado que funciona con corrente continua  no terceiro trimestre.  Realizáronse ademais as correspondentes memorias  técnicas nas tres avaliacións. 

 

 

   

Powered by Drupal - Design by artinet